InicioSANTIAGOSantalices exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación do Apóstolo en...

Santalices exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación do Apóstolo en Compostela

O presidente do Parlamento de Galicia representará á Coroa na cerimonia relixiosa que se celebra o 30 de decembro na Catedral de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación do Apóstolo Santiago, unha cerimonia de carácter histórico e relixioso que se celebra cada 30 de decembro na Catedral de Santiago de Compostela.

Segundo informou a Cámara galega, a designación foi comunicada polo xefe da Casa de S.M. o Rei, Camilo Villarino, en nome de Felipe VI, que nomeou a Santalices Vieira como representante da Coroa nesta celebración. O acto terá lugar no templo compostelán, coincidindo coa conmemoración da translación dos restos do Apóstolo Santiago desde Palestina ata Galicia.

A Ofrenda da Translación foi instaurada en 1646, durante o reinado de Felipe IV, e constitúe unha das cerimonias tradicionais do calendario xacobeo, diferenciada da Ofrenda Nacional ao Apóstolo, que se celebra cada 25 de xullo, Día de Galicia.

Miguel Ángel Santalices conta cunha ampla traxectoria institucional vencellada a este tipo de actos. Xa exerceu como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago nos anos 2016, 2018 e 2024. Ademais, participou en diversas ocasións na presentación da Ofrenda da Translación, concretamente nos anos 2017, 2018, 2019, 2023 e 2024.

A cerimonia do 30 de decembro volverá reunir en Compostela a representantes institucionais e relixiosos arredor dunha tradición que forma parte do patrimonio simbólico e histórico da cidade e de Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...