InicioCULTURAA Rocha Forte organiza a XV Mostra-Exposición da Camelia

A Rocha Forte organiza a XV Mostra-Exposición da Camelia

O evento reunirá a finais de xaneiro arredor de 30 expositores no centro sociocultural e incluirá actos institucionais, actuacións musicais e a entrega da Insignia de Ouro a Leonor Magariños

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Cultural Rocha Forte organiza unha nova edición da súa Mostra-Exposición da Camelia, que chega este ano á súa décimo quinta edición e que se celebrará os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro no Centro Sociocultural da Rocha Vella, en Santiago de Compostela. A cita consolídase como un encontro de referencia para afeccionadas e afeccionados á camelia na comarca compostelá.

Segundo informou a entidade organizadora, a exposición contará con instalacións preparadas para arredor de 30 participantes, cun espazo aproximado de 2 metros por expositor. A participación require inscrición previa, xa que as prazas se asignarán por orde de entrada, tal e como xa ocorreu en edicións anteriores, nas que se cubriu a totalidade do recinto dispoñible. As persoas interesadas poden contactar a través dos teléfonos 609 539 396 e 616 199 856 ou no correo electrónico rochaforte99@gmail.com.

A xornada do sábado 31 de xaneiro comezará coa inauguración institucional entre as 09:30 e as 11:00, que contará coa presenza de Goretti Sanmartín, Valentín García Gómez e Sociedade Española da Camelia. Durante o acto, Lúa Vázquez dará lectura á poesía de Rosalía Morlán titulada “Romántica Flor da Camelia”, coñecida como o Himno da Rocha Vella, e haberá unha actuación musical a cargo de Manoele de Felisa. A presentación do acto correrá a cargo de Tareixa Navaza, e procederase tamén á entrega de agasallos ás persoas participantes na exposición.

O centro sociocultural pechará ás 14:30 e, ás 13:30, celebrarase no Restaurante Los Robles o acto de entrega da Insignia de Ouro da asociación a Leonor Magariños, seguido dunha comida de confraternidade. Para asistir a esta comida será necesario anotarse antes do 26 de xaneiro. A exposición reabrirá ao público ás 16:00 para a visita libre.

O domingo 1 de febreiro, o Centro Sociocultural da Rocha Vella abrirá as súas portas ás 10:00 para continuar coa mostra. Ás 12:30 terá lugar a actuación do Coro de Habaneras Rocha Forte, dirixido por Sebastián Fernández, e o peche definitivo da exposición está previsto para as 14:00.

Desde a Asociación Cultural Rocha Forte agárdase, un ano máis, unha boa acollida por parte do público e do colectivo participante, reafirmando o carácter cultural e social dunha mostra xa consolidada no calendario loc

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here