InicioSANTIAGOUn estudo da USC revela un material capaz de producir osíxeno ou...

Un estudo da USC revela un material capaz de producir osíxeno ou hidróxeno segundo a súa ensamblaxe

A investigación do CiQUS, en colaboración coa Universidade de Aveiro, abre novas vías para deseñar catalizadores máis versátiles e baseados en elementos abundantes

Publicado o

Xornal de Compostela

Un equipo do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade de Aveiro, demostrou que un mesmo material pode producir osíxeno ou hidróxeno en función da forma na que se ensambla a súa estrutura molecular.

O estudo, liderado pola investigadora María Giménez López e publicado na revista Advanced Materials, amosa que é posible programar a reactividade de catalizadores moleculares sen modificar a súa composición, simplemente alterando o seu encaixe. Este achado abre a porta ao deseño de materiais máis versátiles, duradeiros e baseados en elementos abundantes.

Segundo explicou a USC, a produción de hidróxeno mediante electrólise da auga depende habitualmente de metais escasos e custosos como o iridio ou o platino. Porén, o novo material híbrido, composto por vanadio e nanotubos de carbono, permitiría obter este gas empregando compoñentes máis accesibles.

Os investigadores describen o sistema como un “interruptor catalítico”: cando os catións quedan bloqueados na estrutura cristalina, a reacción oriéntase á produción de osíxeno; cando están libres e orientados cara á superficie, favorecen a xeración de hidróxeno. Deste xeito, o estudo conclúe que o funcionamento deste interruptor é “topolóxico e microambiental, non composicional”, ao non depender unicamente dos materiais empregados, senón da súa arquitectura molecular.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...