InicioMOV. SOCIAISCC.OO. e UGT felicítanse porque Compostela terá "a primeira relación de postos...

CC.OO. e UGT felicítanse porque Compostela terá “a primeira relación de postos de traballo da súa historia”

Policías locais e bombeiros ratifican o preacordo co Concello de Santiago sobre os postos e as horas extra.

Publicado o

Xornal de Compostela

Policías locais e bombeiros ratificaron o borrador de pacto negociado nas últimas semanas co Concello de Santiago que permite, segundo CC.OO., “unha importante subida” na gratificación das horas extra. Ademais, o sindicato reivindica lograr “un acordo histórico” co Consistorio santiagués para elaborar a súa primeira relación de postos de traballo. Así, indica que o Concello contará coa primeira relación de postos de traballo da súa historia “grazas á negociación que nas últimas semanas liderou CC.OO. co respaldo de UGT”.

O borrador de acordo ao que se chegou a semana pasada foi ratificado o domingo polos bombeiros e este luns pola noite polos policías locais, apunta Comisións nunha nota de prensa, “de forma que só falta pechar os termos do documento e a súa firma entre as partes”.

PRAZOS

O proceso de elaboración da relación de postos de traballo “xa está en marcha” a cargo do grupo de investigación en recursos humanos e rendemento da Universidade de Santiago de Compostela, segundo sinala. CC.OO. prevé que a súa tarefa termine en xuño de 2026. A partir dese traballo “metodolóxico”, o Consistorio e a representación sindical crearán un grupo para culminar a relación de postos de traballo, “co compromiso de aprobala e que os seus efectos se poidan aplicar con data do 1 de xaneiro de 2026”.

CC.OO. destaca que, para isto, o equipo de goberno “comprométese a dotar nos orzamentos de 2026 unha partida que permita culminar os axustes retributivos que se deriven da relación de postos de traballo”. “As partes consideran que a nova relación de postos de traballo constitúe o instrumento idóneo para a consecución de tres obxectivos: axustar o número de postos ás necesidades de cada servizo, racionalizando a organización e mellorando a distribución do traballo; determinar as características, requisitos e circunstancias específicas de cada posto; e fixar as retribucións complementarias que correspondan”, resalta Comisións.

HORAS EXTRA

O preacordo ratificado tamén recolle, segundo valora o sindicato, “melloras” no ámbito dos servizos extraordinarios, que están na orixe do conflito dos últimos meses. “O Concello comprométese a reducir de forma progresiva a necesidade de realización de servizos extraordinarios por parte do persoal”, apunta. Ademais, engade, desde o 1 de xaneiro de 2026 haberá unha subida na contía das gratificaciones das horas extra “de, aproximadamente, un 25%”.

Sobre o traballo en días festivos, “acórdase que a relación de postos de traballo identifique aqueles postos que deban prestar servizos de maneira ordinaria en días festivos, ben por estar sometidos a quendas cíclicas, ou ben por tratarse de postos que prestan servizo de luns a venres, incluíndo os días festivos que correspondan”.

Esta información, segundo Comisións, “debería estar dispoñible en marzo de 2026 e debe ser comunicada á representación sindical”. Unha vez dado eses pasos, afirma que se promoverá a inclusión no complemento específico das contías que veñan percibindo como gratificaciones por festividade, “despois de promediar o resultado dos postos que actualmente poderían percibir aquel concepto”.

CONVENIO COLECTIVO

O pacto tamén recolle a creación no primeiro semestre de 2026 dunha comisión para a revisión do acordo regulador-convenio colectivo para a súa “posible modificación”. Este documento ten unha vixencia de máis de 16 anos, polo que resulta “necesario”, para CC.OO., proceder á súa actualización co fin de adecualo “ás necesidades actuais, ao marco normativo vixente e á xurisprudencia aplicable”.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Premio Literario San Clemente recoñece as novelas de Nerea Pallares, Andrés Neuman e Hugo Gonçalves na súa XXX edición

O Premio Literario San Clemente, organizado baixo a coordinación do IES Rosalía de Castro...

O Pleno de Ames debaterá este xoves modificacións orzamentarias por máis de 1,75 millóns de euros

O Concello de Ames celebrará este xoves o pleno ordinario correspondente ao mes de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...