InicioPOLÍTICAO PP denuncia a “expulsión unilateral” de voluntarios do Refuxio de Bando...

O PP denuncia a “expulsión unilateral” de voluntarios do Refuxio de Bando e forza un compromiso no Pleno

A formación esixe explicacións ao Executivo de BNG e Compostela Aberta pola xestión do centro e pola ocultación dun procedemento de adopción.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago celebrou que no último Pleno municipal se acadase o compromiso do Goberno local, formado por BNG e Compostela Aberta, para permitir a reincorporación do voluntariado do Refuxio de Animais de Bando. Segundo denunciou o PP nun comunicado, os voluntarios foran “expulsados coa desculpa dun cambio de fechaduras”, unha decisión que consideran tomada de maneira unilateral e sen coñecemento do Padroado.

Os populares tamén reclaman explicacións ao Executivo local por “ocultar” ao Padroado o procedemento de adopción iniciado para o can Gosu por parte dunha asociación protectora integrada neste órgano. Segundo o PP, este procedemento contaba coa posibilidade legal de levarse a cabo e con informes favorables, pero non foi comunicado á institución que dirixe o Padroado.

O concelleiro do PP Adrián Vila sinalou no Pleno que o Goberno municipal debe asumir as súas responsabilidades como presidencia do Padroado, función que exerce a alcaldesa, Goretti Sanmartín. Vila asegurou que esta ocultación tivo consecuencias graves, xa que derivou no sacrificio dun dos cans aloxados no refuxio “sen que se fixese un traballo previo sobre a súa conduta”.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...