InicioPOLÍTICAO PSOE celebra acadar o compromiso do Goberno local para estudar melloras...

O PSOE celebra acadar o compromiso do Goberno local para estudar melloras de seguridade viaria en Xoán XXIII

Os socialistas trasladaron ao pleno a preocupación veciñal polo paso de peóns situado nun tramo con curva e pendente, usado a diario por menores

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela celebrou hoxe ter acadado o compromiso do goberno municipal, presidido por Goretti Sanmartín, para estudar a posibilidade de reforzar a seguridade viaria no paso de peóns da avenida Xoán XXIII, á altura de Ultreia.

Segundo explicou o concelleiro socialista Sindo Guinarte, trátase dun punto considerado perigoso, situado nun tramo con curva e pendente, que é utilizado a diario por nenos e nenas. O edil sinalou que a iniciativa levouse ao pleno tras recoller a preocupación da veciñanza, que advirte de que este paso non recibe o mesmo tratamento que outros da propia avenida Xoán XXIII.

Dende o PSOE valoran de maneira positiva o compromiso adquirido polo executivo local, aínda que subliñan que non é suficiente con anuncios. Marta Abal insistiu en que Santiago precisa medidas reais e urxentes para reducir os accidentes e garantir a seguridade das persoas que se desprazan a pé pola cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here