InicioSANTIAGOA alcaldesa Goretti Sanmartín agradece ao persoal municipal que se xubila este...

A alcaldesa Goretti Sanmartín agradece ao persoal municipal que se xubila este ano o seu servizo ao Concello de Santiago

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu un acto institucional no que se entregaron placas conmemorativas ás persoas traballadoras que rematan a súa etapa profesional na administración local

Publicado o

Xornal de Compostela

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi foi escenario dun acto institucional de recoñecemento ao persoal municipal que se xubila ao longo deste ano, unha cita presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e á que asistiron membros da Corporación Municipal. O encontro serviu para expresar publicamente o agradecemento do Concello ás persoas traballadoras que culminan a súa traxectoria profesional na administración local.

Durante o acto, a alcaldesa e os distintos concelleiros e concelleiras fixeron entrega de placas conmemorativas ao persoal xubilado presente, como símbolo de recoñecemento polos anos de dedicación ao servizo público. Sanmartín destacou o papel desenvolvido por estas persoas na mellora do funcionamento municipal e no avance das condicións de vida da veciñanza de Santiago, subliñando o seu compromiso co interese xeral ao longo de décadas de traballo.

Na súa intervención, a alcaldesa fixo tamén referencia a algúns dos fitos acadados no último ano, entre eles a recuperación das estatuas do Mestre Mateo para o patrimonio municipal, como exemplo do traballo colectivo realizado desde o Concello. No plano persoal, Sanmartín desexou ás persoas que acceden á xubilación que o ano 2026 chegue con “moi boa estrela” e despediunas cunha mensaxe de ánimo para esta nova etapa vital: “Moi feliz nova vida”.

As persoas que se xubilan este ano no Concello de Santiago son Manuel Baños, Jesús Barreiro, Jesús Miguel Blanco, José Luis Bello, José Antonio Berdullas, Blanca Bueno, José Camino, Jesús Capeáns, Víctor Carballido, Carmen Conde, Carmela Domínguez, María Teresa Espinosa, Raúl Fidalgo, Lourdes Grobas, Elisabeth Lado, Juan Carlos López, Mª Manuela Mariño, Luis Mariño, José Méndez, Manuel Míguez, José Carlos Miramontes, Juan Ángel Noya, Manuela Pardal, Mª Ángeles Pellit, José Antonio Pena, Pilar Sabio, Paulino Sánchez, Santiago Tojo, Juan Carlos Tomé, Concepción Vales e Antonio Vez.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here