InicioMOV. SOCIAISUn voluntario do refuxio de Bando reclama no pleno municipal a readmisión...

Un voluntario do refuxio de Bando reclama no pleno municipal a readmisión inmediata do voluntariado

A intervención alerta da imposibilidade de garantir a atención e a dignidade dos animais sen a participación activa das persoas voluntarias e pide transparencia na xestión do servizo

Publicado o

Xornal de Compostela

Un representante do voluntariado do refuxio municipal de Bando interveu este xoves no pleno do Concello de Santiago para expoñer a situación que vive o colectivo tras a suspensión do acceso ás instalacións. Segundo explicou, cando se cumpren 50 días dende que se lles retirou a posibilidade de acudir ao centro, o voluntariado considera que a súa ausencia está a ter consecuencias directas sobre o benestar dos animais acollidos.

Na súa intervención, Juan María Martínez Oliveira, voluntario do refuxio, subliñou que o labor das persoas voluntarias céntrase en mellorar a calidade de vida dos animais durante a súa estancia no centro, realizando tarefas que, segundo indicou, non poden ser asumidas polos coidadores debido á falta de persoal. O voluntario expuxo que no refuxio hai arredor de 500 animais, unha cifra que fai inviable dedicarlles atención individualizada no marco da xornada laboral habitual do persoal contratado.

Durante o pleno, explicou que o voluntariado dedica varias horas seguidas ao coidado directo dos animais, co obxectivo de optimizar o tempo dispoñible. Entre as tarefas que enumerou figuran a saída dos cans aos espazos exteriores, os paseos, o traballo con animais medosos para favorecer a súa futura adopción, a socialización dos gatos, a detección de feridas ou cambios de comportamento, así como labores de limpeza e mantemento adicionais nas instalacións.

O representante do colectivo tamén puxo o foco na longa estancia dalgúns animais no refuxio, sinalando que máis de dous terzos dos cans levan máis dun ano en Bando, debido ao ritmo das adopcións. Neste contexto, defendeu que a actividade voluntaria non se limita a cubrir necesidades accesorias, senón que atende aspectos básicos do benestar físico e emocional dos animais.

Juan María quixo deixar claro que as críticas expostas non se dirixen ao persoal coidador, ao que recoñeceu o esforzo diario, senón á organización xeral do servizo. Segundo manifestou, un refuxio das dimensións de Bando non pode garantir condicións dignas para todos os animais sen un corpo de voluntariado constante e coordinado, en colaboración coa plantilla.

Na parte final da súa intervención, o voluntario reclamou a recuperación dunha canle de comunicación coa dirección do refuxio e apelou á necesidade de aprender dos erros cometidos. O colectivo trasladou ao pleno unha serie de demandas concretas, entre elas a readmisión inmediata do voluntariado nas mesmas condicións previas, con acceso ás instalacións polas tardes e persoas responsables con chaves, tal e como recollen as normas de funcionamento.

Ademais, solicitou a elaboración de protocolos claros e públicos para o manexo dos animais, a toma de decisións e as eutanasias, así como unha maior transparencia e participación na xestión do refuxio, ao tratarse dun servizo público. Por último, pediu un recoñecemento explícito do papel que o voluntariado desempeña desde a apertura do centro municipal.

ÚLTIMAS

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

O XV Encontro Artes pola Integración arranca en Santiago con danza contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal de Santiago abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, a programación...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here