InicioPOLÍTICAO PP pide separar no Pleno as facturas pendentes como pediron tamén...

O PP pide separar no Pleno as facturas pendentes como pediron tamén os non adscritos

Borja Verea sostén que o abono dun millón de euros á concesionaria da auga presenta dúbidas xurídicas e reclama explicacións á alcaldesa, Goretti Sanmartín

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, defendeu levar ao Pleno municipal de maneira separada as facturas pendentes que o Goberno local pretende someter a votación este mércores, 17 de decembro. Segundo manifestou, a súa formación non cuestiona o pago a pequenos provedores, pero si o abono dun importe próximo ao millón de euros correspondente a Viaqua, ao considerar que presenta problemas de legalidade.

Así o trasladou o PP nunha nota de prensa difundida un día despois de que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, anunciase a intención do executivo municipal de levar por terceira vez ao Pleno o recoñecemento extraxudicial de crédito de 119 facturas pendentes, entre as que se inclúen as da concesionaria do servizo de augas.

Verea afirmou que “o millón que se pretende abonar a Viaqua non é legal” e insistiu en que o seu grupo non ten “ningún problema coas facturas a pequenos provedores”. Ao seu xuízo, é a alcaldesa quen debe explicar “por que insiste en levalas xuntas” no mesmo expediente.

O portavoz popular advertiu de que, na súa opinión, “non se debe autorizar un pago dun millón que pode supor un uso indebido de fondos públicos” e asegurou que o PP non avalará ese abono “mentres non se resolvan unha serie de dúbidas xurídicas graves”.

Neste contexto, Verea relatou que mantivo unha conversa coa rexedora municipal sobre esta cuestión, que, segundo indicou, “non acabou ben”, ao trasladarlle que o seu grupo entende que o pago a Viaqua “é ilegal e que non se tería que pagar”. “Non imos votar a favor, por moito que me chame ou deixe de chamar”, afirmou.

Finalmente, o portavoz do PP sinalou que, ao seu entender, o Goberno local non conta cos apoios suficientes no Pleno para sacar adiante o expediente e apuntou que, se precisa os votos do seu grupo, debería “pedir desculpas e logo pedilos con educación”. A partir de aí, engadiu, o PP valorará se o executivo é quen de responder ás cuestións formuladas sobre o expediente económico.

ÚLTIMAS

Decenas de profesores emprenden unha “marcha fúnebre” en Compostela ante a “crítica situación” do ensino público

Decenas de profesores percorreron este martes as rúas compostelás nunha "marcha fúnebre" que os...

KLM anuncia unha nova ruta aérea entre Santiago de Compostela e Ámsterdam a partir de maio de 2026

A aerolínea neerlandesa KLM anunciou a posta en marcha dunha nova ruta aérea que...

As concelleiras non adscritas critican a xestión do Goberno local e acusan a alcaldesa de poñer “escusas de mala pagadora”

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago, Marta Álvarez, Mercedes Rosón e Mila...

A alcaldesa preside a entrega do XXVII Premio Antón Fraguas á investigación sobre a indumentaria tradicional galega

A alcaldesa presidiu este martes no Pazo de Raxoi o acto de entrega da XXVII...

O Grupo Municipal Socialista denuncia atrasos do goberno local en trámites clave do centro biotecnolóxico da Sionlla

O Grupo Municipal Socialista de Santiago denunciou a “inacción e a lentitude inxustificable” do...

Goretti Sanmartín acusa o PP de bloquear o pagamento de facturas por intereses partidistas

O Concello de Santiago volverá levar ao pleno ordinario do xoves 18 de decembro...

O PSdeG reclama á alcaldesa que asuma responsabilidades pola situación da Policía Local e Bombeiros

O Grupo Municipal Socialista de Santiago instou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a asumir responsabilidades...