InicioPOLÍTICAO Grupo Municipal Socialista denuncia atrasos do goberno local en trámites clave...

O Grupo Municipal Socialista denuncia atrasos do goberno local en trámites clave do centro biotecnolóxico da Sionlla

Os socialistas alertan do bloqueo da devolución dun aval de máis de 83.000 euros e da autorización dunha hipoteca necesaria para a viabilidade do proxecto

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago denunciou a “inacción e a lentitude inxustificable” do goberno municipal na tramitación de dous expedientes que considera fundamentais para o funcionamento e a consolidación do centro biotecnolóxico da Sionlla, unha infraestrutura vinculada á innovación e ao desenvolvemento económico da cidade.

A concelleira socialista Marta Abal advertiu de que permanecen sen resolver dous procedementos administrativos que cualificou de básicos: por unha banda, a devolución dun aval superior aos 83.000 euros e, pola outra, a autorización dunha hipoteca que, segundo indicou, resulta imprescindible para garantir a viabilidade do proxecto. Segundo explicou, ambos trámites continúan paralizados “sen explicación algunha” por parte do Concello.

Abal lembrou que o centro biotecnolóxico da Sionlla leva en funcionamento desde febreiro de 2023, con empresas xa instaladas e desenvolvendo a súa actividade. Neste contexto, sinalou que “non se entende como o Concello segue a paralizar procedementos vitais para un proxecto estratéxico para a cidade”, ao tempo que cualificou de preocupante a ausencia de respostas do goberno municipal sobre cuestións que, ao seu xuízo, deberían estar resoltas desde hai meses.

Desde o Grupo Municipal Socialista insisten en que a situación afecta tanto ás empresas implantadas no centro como ao propio proxecto e ao conxunto da cidade. “Esiximos respostas e solucións inmediatas”, afirmou a concelleira, quen concluíu que “as empresas, o proxecto e Santiago non poden seguir pagando a falta de xestión e a inacción do goberno municipal”.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here