InicioSANTIAGOSantiago acollerá este xoves o primeiro Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias

Santiago acollerá este xoves o primeiro Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias

O evento, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, reúne a máis de 400 participantes para abordar a atención en situacións críticas

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de 400 persoas asistirán desde este xoves, día 2, e ata o sábado, 4 de maio, á primeira edición do Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias. O mesmo celebrarase baixo o lema ‘Sostendo emocións nas emerxencias’, organizado polo Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), en Santiago de Compostela.

“Un congreso pioneiro dentro da psicoloxía de emerxencias e catástrofes, co obxectivo de explorar tanto o dereito á atención en situacións críticas, como as diferentes casuísticas coas que se atopan habitualmente, así como os retos e desafíos deste ámbito de intervención“, explican. Trescentos profesionais asistirán ao encontro de maneira profesional, ao que se unirán máis de cen persoas a través do streaming. Terá lugar en dúas sedes, no Pazo de Fonseca e na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, coa participación de 44 expertos e expertas deste ámbito.

O xoves darán comezo as actividades cunha visita á Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e a primeira conferencia pola tarde, así como talleres. O venres, día 3, no Pazo de Fonseca, será a conferencia inaugural a cargo de Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico, ex presidente do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia e un dos primeiros coordinadores do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...