InicioSOCIEDADECondenan á unha aseguradora a pagar 13 millóns por "neglixencias" nun parto...

Condenan á unha aseguradora a pagar 13 millóns por “neglixencias” nun parto no hospital da Rosaleda

A indemnización é a máis alta que se coñece en España por un caso contra a sanidade privada

Publicado o

Xornal de Compostela

O Xulgado de Primeira Instancia número uno de Santiago de Compostela condenou a unha aseguradora, Segurcaixa Adeslas, a pagar case 13 millóns de euros, incluídos intereses, a unha familia por “neglixencia médica” nun parto. Así o informa o avogado Cipriano Castreje, que levou o caso, e así o recolle a sentenza, despois de que o bebé sufrise “severos danos ao nacer, por mala praxe”, recalcou o letrado.

En declaracións a Europa Press, criticou o posicionamento da aseguradora tras este fallo e, outro tres anteriores, un para recoñecer ao neno unha discapacidade do 100 %. “Non consignou un só euro desde o nacemento do bebé”, reprocha para lembrar que cada día se deveñan en intereses outros “2.958 euros”.

Os feitos remóntanse a 2015, cando a nai acudiu a dar a luz ao hospital privado Rosaleda de Santiago de Compostela onde, tras fracasar a indución ao parto e o intento de parto natural, “seguido dun atraso na intervención cirúrxica necesaria”, remarca o letrado tras o contido do fallo, produciuse “unha hipoxia intraparto“.

“A pesar de que o rexistro cardiotocográfico avisaba da hipoxia, e nalgúns momentos, chegou a ser ominoso, non se tivo en conta”, sinalou o avogado, que engadiu que, “como consecuencia do atraso na práctica dunha cesárea que estaba indicada desde moito antes, o neno naceu con parálise cerebral espástica, cegueira absoluta, epilepsia, xordomudez e múltiples discapacidades severas”.

Isto, expón Castreje, “levou a unha discapacidade recoñecida do 100 % por outra sentenza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, que revogou a decisión administrativa de conceder, inicialmente, unha discapacidade do 67%“. Por outra banda, recalca que a indemnización duns 13 millóns recoñecida “é a máis alta concedida ata a data en España por un caso desta natureza“.

O recentemente nado chegou a ser trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago ante a situación e o fallo remarca a súa situación actual de perda de autonomía e os coidados que necesita, entre outras cuestións. Tamén sinala que a aseguradora coñeceu “a neglixencia médica” desde o momento en que ocorreron os feitos, por iso o seu “inacción” “non está xustificada”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here