InicioPOLÍTICAVerea pide ao goberno de Santiago que aclare a súa postura sobre...

Verea pide ao goberno de Santiago que aclare a súa postura sobre o turismo ante a caída de visitantes

O líder popular reclama medidas urxentes para apoiar o sector e cuestiona a “falta de coherencia” do executivo de BNG e CA fronte aos peores datos dos últimos cinco anos

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, urxiu ao executivo de BNG e Compostela Aberta a definir con claridade cal é a súa visión sobre o turismo na cidade, nun contexto no que o sector leva meses advertindo de descensos continuados na actividade. O portavoz popular asegurou que as cifras dende o verán “preocupan” e que “son os peores datos dos últimos cinco anos”, polo que pediu ao Concello accións inmediatas de respaldo ás empresas e profesionais vinculados ao sector.

Verea cuestionou se o goberno local considera ou non que existe un problema coa afluencia de visitantes. “Se realmente cren que a cidade está saturada, que o expliquen. Queremos saber se queren menos turistas, si ou non”, afirmou. O líder popular criticou que, ao seu xuízo, o executivo municipal envía sinais contraditorias, xa que “cando hai un mes bo saen a atribuírse a mellora, pero cando as cifras son negativas minimízanse”.

O portavoz do PP defendeu que Santiago mantén dende hai séculos unha relación singular coa chegada de persoas doutros lugares, algo que considera parte central da súa identidade: “Somos unha cidade que naceu para recibir xente e non compartimos que exista un problema cos visitantes, como pode suceder noutros destinos moi masificados”. Nesa liña, sostivo que cada persoa que chega “constrúe cidade” e que o turismo forma parte da vida económica, social e cultural compostelá.

O tamén deputado autonómico asegurou que os datos de ocupación hoteleira publicados para a ponte de decembro avalan a preocupación do sector, que fala de perdas e dunha caída de reservas respecto a anos anteriores. “Os hostaleiros recoñecen que nunca tiveron cifras tan baixas”, afirmou, acusando ao goberno local de “negar unha realidade teimuda”.

Verea insistiu en que a industria turística “non pode quedar á deriva” e pediu que se adopten medidas de apoio de maneira inmediata. Tamén advertiu de que, ao seu entender, a falta de reacción do executivo local está a deteriorar un sector que consideraba consolidado: “Están conseguindo algo que ninguén pensaba que podería ocorrer: danar unha industria de enorme peso para Compostela”.

Finalmente, mostrou preocupación pola lectura que o goberno fai dos datos oficiais, comparando a cidade con concellos da contorna. “Compostela é unha capital de proxección internacional e non pode analizarse con parámetros locais”, afirmou, reclamando de novo “coherencia e claridade” sobre o modelo turístico que o Concello quere impulsar.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here