InicioSANTIAGOO Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O goberno local mantivo encontros coa Aba do Pedroso e con residentes da Almáciga para informar de proxectos en marcha e recoller demandas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que —segundo trasladou o propio goberno local— buscan manter un contacto periódico coa veciñanza e avanzar na resolución de necesidades en materia de mobilidade, urbanización e equipamentos. As reunións tiveron lugar os días 2 e 3 de decembro, coa participación da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e dos concelleiros Xesús Domínguez e Xan Duro, ademais da tenenta de alcaldesa, María Rozas, no caso da Almáciga.

O primeiro encontro desenvolveuse o martes coa Aba do Pedroso, nunha sesión centrada nas actuacións en marcha por parte da Deputación da Coruña. O executivo municipal informou de que se está a seguir a evolución das obras da senda peonil cara a Figueiras e do asfaltado da estrada DP-7803, actualmente en proceso de licitación. Pola parte municipal, a alcaldesa e os concelleiros explicaron que está en fase de redacción o proxecto para completar a senda peonil entre o cruzamento das rúas Montepío e Carme de Abaixo e o punto quilométrico inicial da estrada autonómica. Tamén avanzaron que se atopa en contratación o plan para pavimentar Bar de Abaixo, Bar de Arriba e a rúa dos Asidros. A reunión permitiu, ademais, recoller peticións dos residentes, compromisos que o goberno asegurou que tentará atender.

A segunda xuntanza celebrouse o mércores na Almáciga, coa asistencia da alcaldesa, da tenenta de alcaldesa e dos edís de Sustentabilidade Ambiental e de Mobilidade. Neste caso, a sesión centrouse no acceso do autobús ao barrio, unha demanda que a veciñanza leva anos reivindicando e que, segundo indicou o goberno local, foi xa atendida nesta lexislatura. Os asistentes trasladaron tamén propostas relativas á reordenación das zonas de aparcamento.

Outro dos puntos relevantes foi a explicación do avance do proxecto ‘Horizonte Compostela’, cuxa execuión repercutirá directamente na Almáciga. O Concello lembrou que esta intervención, financiada con 8,7 millóns de euros de fondos europeos, foi xa presentada ao tecido veciñal e técnico municipal, incluída a directora da área de Urbanismo. Entre as actuacións previstas destaca o elevador ou sistema de acceso vertical que conectará a Almáciga coa parte baixa da cidade para superar a forte pendente.

No encontro repasáronse tamén as melloras de accesibilidade realizadas na rúa de Betanzos e anotáronse diversas necesidades vinculadas ao local social, trasladadas polas persoas asistentes. O Executivo municipal reiterou a súa vontade de dar continuidade a estes encontros, co fin de facer seguimento dos proxectos e manter aberto o diálogo cos barrios.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here