InicioSANTIAGOTEOA Xunta autoriza ambientalmente o proxecto para tratar residuos de construción en...

A Xunta autoriza ambientalmente o proxecto para tratar residuos de construción en Teo

O informe conclúe que a instalación prevista en Cacheiras é viable sempre que cumpra cos condicionantes técnicos e ambientais impostos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta deu o paso definitivo para que o proxecto de valorización de residuos de construción previsto no concello de Teo, na parroquia de Cacheiras, continúe a súa tramitación. A Consellería de Medio Ambiente fixo pública a súa resolución de impacto ambiental, na que determina que “non son previsibles” efectos adversos significativos se se respectan todos os requisitos recollidos tanto na documentación presentada pola promotora como nas esixencias establecidas polo propio departamento autonómico.

O procedemento incluíu un período de participación pública, no que se consultaron dez organismos e entidades sectoriais. A información achegada por estes organismos incorporouse á avaliación final e engadiu novos condicionantes ao programa de vixilancia ambiental que rexerá o funcionamento da futura instalación. Entre os ámbitos analizados figuran a protección da atmosfera, a poboación e a saúde, as augas e os leitos fluviais, o chan e as infraestruturas, así como a xestión dos residuos xerados e a integración paisaxística e patrimonial.

Segundo a administración autonómica, os informes recibidos coinciden en que o proxecto “sería viable” no emprazamento proposto sempre que se cumpran estritamente as medidas correctoras e de control establecidas. A resolución detalla, entre outros aspectos, as obrigas vinculadas á prevención de emisións, ao control de ruídos e á protección do patrimonio natural e cultural existente na contorna.

Co informe ambiental favorable xa emitido, a Xunta remitiu a resolución ao órgano substantivo encargado de continuar a tramitación administrativa do proxecto. Ademais, publicou o documento tanto no Diario Oficial de Galicia (DOG) como na web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, último paso do proceso de avaliación antes de que a iniciativa poida avanzar cara á súa autorización definitiva.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...