InicioPOLÍTICAO PSdeG leva ao Pleno a falta de avances en seguridade viaria...

O PSdeG leva ao Pleno a falta de avances en seguridade viaria en Laraño e reclama explicacións ao Goberno local

Os socialistas critican a ausencia de actuacións dous meses despois de solicitarse informes sobre a situación dos viais da parroquia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista trasladará ao Pleno de novembro a súa preocupación pola ausencia de avances nas melloras de seguridade viaria en Laraño, unha zona do rural compostelán onde, segundo denunciaron, a veciñanza leva tempo alertando dunha situación de risco sen que o Goberno local adoptase medidas concretas.

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, lembrou que os residentes do lugar veñen advertindo dende hai meses dos perigos existentes nos viais e dos incidentes recorrentes que afectan tanto a vehículos como a persoas. Segundo explicou, o Executivo municipal anunciara o pasado 17 de setembro a petición de informes á Policía Local e á Garda Civil para avaliar a sinistralidade, mais “a veciñanza segue sen saber nada e non se aplicou ningunha mellora real no territorio”.

Guinarte sostén que esta falta de avances evidencia unha “falla absoluta de prioridade política” e que, dous meses despois do anuncio, non se coñece o resultado dos informes nin ningunha planificación municipal. Ante esta situación, o PSdeG solicitará no Pleno acceso ao contido dos documentos e pedirá claridade sobre as actuacións previstas.

Imos preguntar que conclúe ese informe e, sobre todo, que actuacións está executando o goberno da señora Sanmartín. Porque non abonda con anunciar estudos, cómpre actuar, tomar decisións, reforzar a seguridade dos viais e ofrecer respostas inmediatas a un problema que afecta á vida cotiá da xente”, indicou Guinarte, insistindo na necesidade de introducir melloras urxentes.

O portavoz socialista tamén advertiu de que o Concello está desatendendo unha demanda esencial da cidadanía. “Laraño non pode seguir agardando. É responsabilidade do Concello garantir a seguridade da súa veciñanza. O que pedimos é simple, transparencia, planificación e medidas efectivas. A seguridade da cidadanía non admite máis atrasos”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here