InicioPOLÍTICAMaría Baleato reclama ao Goberno local unha condena explícita á CIG polos...

María Baleato reclama ao Goberno local unha condena explícita á CIG polos incidentes diante da súa sede

A edil popular asegura que o persoal tivo que traballar custodiado pola Policía Nacional e cualifica de “esperpéntica” a situación

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira popular María Baleato pediu este martes ao Executivo municipal de Santiago que se pronuncie sobre os incidentes rexistrados o 25 de novembro diante da sede do Partido Popular na rúa compostelá onde traballan as súas empregadas. A petición chega un día despois de que parte do persoal permanecese no interior das instalacións acompañado por efectivos da Policía Nacional, ante a previsión de que a marcha convocada pola CIG rematase fronte ao edificio.

Baleato sostivo que o sucedido foi “esperpéntico” e “fóra de lugar”. Segundo relatou, varias traballadoras tiveron que continuar a súa xornada “custodiadas por axentes” ao terse difundido nos días previos carteis do sindicato que situaban o final da mobilización diante da sede popular. “O vivido onte foi esferpéntico e estivo fóra de lugar. Tivemos que traballar custodiadas porque unha manifestación convocada pola CIGA, sorprendentemente a favor dos dereitos das mulleres, tivo como obxectivo protestar ante varias traballadoras do Partido Popular que só estabamos a cumprir as nosas funcións”, declarou esta mañá.

A concelleira incidiu en que, ao seu xuízo, “unha manifestación contra a violencia non debería xerar en ningún caso máis violencia, nin sequera verbal”, polo que instou ao Goberno local, en mans do BNG, a que fixe unha posición pública sobre se considera “normal” o ocorrido. “Pedimos ao Goberno nacionalista de Santiago que condene a actitude do sindicato CIGA e se manifeste sobre se lles parece normal o acontecido”, afirmou.

Segundo o relato ofrecido este luns polo PP compostelán, o acceso ao edificio viuse parcialmente restrinxido pola presenza policial, unha situación que cualificaron de “anómala” e que xerou “preocupación” entre as empregadas que estaban de servizo. A formación definiu como “total incoherencia” que unha protesta en defensa dos dereitos das mulleres finalizase diante dun centro de traballo onde se atopaban varias traballadoras.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here