InicioMOV. SOCIAISO PP de Santiago reclama a condena do BNG e CA tras...

O PP de Santiago reclama a condena do BNG e CA tras quedar o seu persoal encerrado na sede escoltado pola Policía Nacional

Os populares piden explicacións tras recibir a aviso de que a manifestación da CIG podería finalizar diante das súas instalacións

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago denunciou que parte do seu persoal permaneceu este 25 de novembro dentro da súa sede da rúa compostelá onde traballan, escoltado por efectivos da Policía Nacional, despois de coñecer que a manifestación convocada pola CIG con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres podería finalizar diante das instalacións da organización.

Segundo explicou o PP local, ao longo dos últimos días o sindicato difundiu carteis anunciando que a mobilización —baixo o lema ‘Retroceder en dereitos. Incrementa a violencia. Por unha Galicia con dereitos, traballo digno e igualdade’— remataría fronte á sede popular. A formación conservadora sostén que esa previsión xerou “preocupación” entre as traballadoras que estaban hoxe de servizo, xa que o acceso ao edificio quedou restrinxido pola presenza policial.

A concelleira María Baleato subliñou que varias empregadas tiveron que permanecer no interior, sinalando que a situación lles resultou “anómala”. Nesa liña, afirmou que “é unha total incoherencia que unha protesta a favor dos dereitos das mulleres teña como obxectivo protestar ante varias traballadoras que só están a facer as súas funcións”.

O PP compostelán solicitou así ao BNG e a Compostela Aberta que “condenen a actitude” da central sindical e que aclaren, en palabras da concelleira, “se lles parece normal que compañeiras estean pechadas na sede popular, protexidas por axentes antidisturbios”. A formación considera “fóra de lugar” a intención da CIG de situar o final da manifestación diante do edificio, á que Baleato cualificou de “esperpéntica”.

A mobilización convocada pola CIG inscribiuse no marco das protestas do 25N, unha xornada na que a capital galega acolleu diversas convocatorias reivindicativas polas rúas do centro da cidade.

UCIN TAMÉN CONDENA OS FEITOS

Pola súa banda, UCIN Galicia fixo pública a súa “firme condena” polos feitos, ao considerar que a elección da sede popular como punto final da mobilización xerou unha “tensión innecesaria”. A formación denunciou que as traballadoras tiveron que permanecer no interior “escoltadas pola Policía Nacional” e cualificou de “incoherente” que unha protesta en defensa das mulleres “se converta nun acto de presión” sobre empregadas que estaban a desempeñar o seu labor. O coordinador, José Luis Calo, lamentou tamén a presión denunciada por un xornalista de Radio Líder e pediu ao BNG, Compostela Aberta e ao resto de grupos que se pronuncien sobre o ocorrido e o condenen.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here