InicioPOLÍTICAUn bombeiro comarcal reprocha a Verea en mensaxes privadas que non esixa...

Un bombeiro comarcal reprocha a Verea en mensaxes privadas que non esixa cambios tamén á Xunta na xestión dos parques comarcais

As mensaxes privadas, nas que reclama coherencia coas súas críticas ao Concello, quedaron sen contestación por parte do líder do PP en Santiago

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A situación dos servizos de extinción de incendios continúa no centro da discusión pública tras facerse visibles unhas mensaxes privadas que un bombeiro comarcal enviou ao portavoz do PP en Santiago, Borja Verea, a través de Instagram. O autor das mensaxes, que divulgou o seu contido na rede social X, cuestiona que o dirixente popular evitase responderlle malia o discurso crítico que mantén contra o Goberno local pola recente incidencia de Pontepedriña.

O episodio chegaba esta pasada semana, poucos días despois de que Verea cualificase de “crítica” a situación do parque municipal compostelán, asegurando que o incendio dunha vivenda o pasado sábado deixase o servizo “inoperativo por primeira vez na historia”. O portavoz responsabilizou directamente á alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pediu a súa dimisión en reiteradas ocasións, ao entender que a cidade queda “en risco” cando se producen intervencións simultáneas que requiren reforzos doutras quendas.

AS CRÍTICAS DENDE OS CONSORCIOS

Nas mensaxes dirixidas ao portavoz popular, o bombeiro agradece inicialmente e con retranca o seu interese pola situación en Santiago, pero expón de inmediato as súas propias preocupacións: a precariedade estrutural dos parques comarcais, dependentes dos Consorcios Provinciais, e cuxa xestión —lembra— recae maioritariamente en administracións gobernadas polo PP. Segundo indica, en lumes equivalentes ao de Pontepedriña “imos 3 bombeiros ou un día excepcional 4”, unha cifra que considera insuficiente e que é menor que a do incendio de Santiago.

O profesional formula unha comparativa directa coa denuncia trasladada por Verea ao Concello compostelán: se o portavoz popular considera “unha temeridade” o ocorrido en Santiago, nos Consorcios —afirma— a realidade é “un suicidio”.

A partir desta idea, insta ao dirixente do PP a estender publicamente esa mesma crítica aos responsables do sistema comarcal, en particular ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a quen identifica como “principal ideólogo” do modelo cando ocupaba responsabilidades previas en Administración Local.

Tamén lle solicita apoio no proceso xudicial que asegura ter iniciado contra o Consorcio de Ourense por unha presunta vulneración de dereitos fundamentais, ao entender que a falta de efectivos durante unha vaga de incendios xerou riscos severos para as brigadas. Nas mensaxes menciona ao presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e ao delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, a quen responsabiliza das condicións actuais.

UNHA POLÉMICA QUE SEGUE VIVA TRAS O PLENO DO VENRES

A publicación destas mensaxes coincidiu coa preparación do pleno extraordinario no que se abordou o expediente para pagar máis de 2 millóns de euros en horas extra de bombeiros e Policía Local. Verea sostivo que este procedemento “roza a ilegalidade” e que os informes técnicos revelan o “mal funcionamento” do Goberno municipal. O executivo, pola súa banda, apoiado no pleno polos votos a favor do PSOE, defendeu que se trata dun paso necesario para actualizar pagos acumulados e garantir o servizo.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here