InicioCULTURA‘Caldo de repolo’ mestura música e ilustración no novo clip de Pakolas...

‘Caldo de repolo’ mestura música e ilustración no novo clip de Pakolas e Azul do Atlántico

O artista actuará este sábado na Cidade da Cultura no marco do Día da Música

Publicado o

Xornal de Compostela

O músico Pakolas e a creadora Azul do Atlántico Ilustración uniron esforzos para presentar ‘Caldo de repolo’, un novo videoclip no que ingredientes básicos da cociña galega convértense en personaxes animadas. A peza, xa dispoñible, acompaña unha canción de ton rockeiro que formará parte do espectáculo ‘Ecoralia a lambona ecolóxica’, estreado este ano.

No traballo audiovisual, os protagonistas son patacas, repolo, fabas, unto e chourizos, nunha proposta que transforma estes elementos nun elenco que se move ao ritmo da música. A autora compostelá encargouse da montaxe e das ilustracións empregando técnicas diversas, desde acuarela e gouache ata pintura acrílica e lapis de cores. O videoclip está realizado en stop motion, a partir dun storyboard inicial e dunha longa sesión de fotografías que lle dá vida ás figuras recortadas. Segundo explican desde a produtora, o proceso sustentouse nunha mesa “chea de personaxes e recortes”, unha cámara fixa e moitas horas de traballo continuado.

Pakolas continúa estes días coa súa xira por Galicia e fará parada en Santiago o sábado 22 ás 18:00, cando actuará no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. A súa presenza insírese na celebración do Día da Música, incluída no Calendario do Libro da Xunta de Galicia. A proposta, centrada na súa coñecida personaxe Ramona Órbita, forma parte dun programa que busca pór en valor a creación musical dirixida ao público infantil e familiar.

A colaboración entre o ilustrado universo visual de Azul do Atlántico e a estética sonora de Pakolas suma así unha nova peza ao catálogo de producións galegas para público novo, cunha aposta polo humor, a creatividade e a reivindicación da cultura culinaria propia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here