InicioSANTIAGOSanmartín anuncia que avanzará acordos con Policía Local e Bombeiros

Sanmartín anuncia que avanzará acordos con Policía Local e Bombeiros

A rexedora adianta que o Concello pagará as horas extraordinarias pendentes, explorará vías para ampliar cadros de persoal e traballa nun borrador dos orzamentos de 2026 que incorporará a xestión da depuradora e o impacto da taxa do lixo

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, enmarcou a reunión técnica prevista con Policía Local e Bombeiros na liña dos contactos mantidos nas últimas semanas. Así o indicou nunha entrevista en Onda Cero, na que asegurou que o goberno local levará a pleno o pagamento das horas extraordinarias realizadas e que existe vontade de canalizar outras demandas dos cadros, sempre “coa análise orzamentaria e os informes preceptivos”. A alcaldesa lembrou que recentemente se incorporaron nove axentes e que “nos vindeiros días” se sumarán seis máis, ademais de terse publicado as bases para cubrir catro prazas interinas en Bombeiros. O obxectivo a medio e longo prazo é incrementar o persoal para reducir as horas extra e estabilizar os servizos.

Tamén avanzou que o Concello procederá á retirada inmediata dos cadeados colocados na varanda que conecta a avenida de Raxoi coa Praza do Obradoiro. “É preciso actuar con axilidade para evitar o efecto chamada e coidar un patrimonio fráxil“, subliñou. A rexedora recalcou que o Consistorio actuará nos espazos públicos e que, no caso de elementos situados en propiedades privadas, contactará coas persoas responsables para a súa eliminación, en coherencia coas campañas municipais de sensibilización sobre o coidado do patrimonio.

A rexedora explicou que o Executivo municipal está a pechar o borrador dos orzamentos de 2026, que incluirá a asunción da xestión da depuradora a partir do verán e os incrementos necesarios ligados ás demandas de persoal. Sanmartín tamén fixo referencia ao debate sobre a taxa do lixo, lembrando que non prosperou en Santiago e que outros concellos da contorna si a aprobaron. “Con estes elementos faremos unha proposta de orzamentos”, dixo, apuntando que se abrirá a negociación coas concelleiras non adscritas e co PSOE para avaliar o cumprimento do acordo do pasado exercicio —Peleteiro, arranxos de rúas, imposto de estadías turísticas— e pactar novas actuacións.

Dentro do capítulo de investimentos, a alcaldesa destacou unha axuda de 14 millóns de euros que permitirá desenvolver a zona norte da cidade con proxectos de accesibilidade (como A Almáziga), infraestruturas ambientais, e novos equipamentos como unha factoría para a mocidade en Salgueiriños e un pavillón polideportivo. Esta operación terá financiación municipal complementaria e executarase por anualidades até 2029.

A alcaldesa respondeu ademais ás queixas veciñais pola velocidade do tráfico en varias rúas do Castiñeiriño e de Belvís. Reivindicou a necesidade de campañas de concienciación, control de tráfico e, se for preciso, sancións, ao tempo que defendeu non deter os arranxos viarios por medo a que aumente a velocidade: “Cómpre compatibilizar mantemento con medidas que garantan o calmado do tráfico“.

Sobre o Restollal, Sanmartín lembrou que existe unha memoria técnica elaborada polo goberno anterior e que as demandas veciñais reclaman ir máis alá. O Concello buscará financiamento externo para unha humanización en profundidade —“son demasiados carrís e cómpre mudar o modelo de circulación”— e, en paralelo, estuda actuacións a curto prazo asumibles con recursos propios.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here