InicioPOLÍTICAO BNG de Santiago organiza unha charla coa maxistrada Paz Filgueira sobre...

O BNG de Santiago organiza unha charla coa maxistrada Paz Filgueira sobre o papel da xustiza ante a violencia machista

O encontro, que terá lugar o 13 de novembro na Casa Xohana Torres, insírese nas actividades previas ao 25N e busca reflexionar sobre a resposta xudicial fronte á violencia de xénero

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo de Acción Feminista do BNG de Santiago celebrará este xoves 13 de novembro ás 19:00 na Casa Xohana Torres un encontro coa maxistrada Paz Filgueira, unha das principais especialistas galegas en materia de violencia machista dende o ámbito xudicial. A actividade forma parte do calendario de accións que o Bloque organiza en vésperas do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o vindeiro 25 de novembro.

A coordinadora do grupo feminista do BNG compostelán, Concha de la Fuente, destacou que “a xustiza ten un papel moi relevante á hora de contribuír á eliminación da violencia contra as mulleres” e que o obxectivo deste encontro é “escoitar a unha muller que, dende a súa condición de maxistrada, aposta por facer da xustiza unha ferramenta contra o machismo e non un atranco para as mulleres nas súas loitas”.

Paz Filgueira, actualmente maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, con competencias en violencia sobre a muller, iniciou a súa carreira hai 25 anos e exerceu durante case unha década como titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo. Ademais da súa traxectoria profesional, conta con formación acreditada polo Consello Xeral do Poder Xudicial nas áreas penal e laboral, e unha longa experiencia en docencia e coordinación de programas sobre igualdade e violencia de xénero.

Ao longo da súa carreira, Filgueira coordinou a Comisión de Violencia de Xénero da Asociación de Xuízas e Xuíces para a Democracia, participou na formación de corpos policiais e persoal da Administración e formou parte da Comisión de Igualdade e Estudos Feministas do Consello da Cultura Galega. O seu compromiso levouna a recibir recoñecementos como os premios Peña Novo, Fademur, Ernestina Otero ou Meninas da Delegación do Goberno.

Dende o pasado mes de outubro, Filgueira integra tamén a Rede de Especialistas en Igualdade do Consello Xeral do Poder Xudicial, reforzando así o seu papel como referente na defensa dos dereitos das mulleres e na loita contra a violencia machista dende o eido xudicial.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here