InicioDEPORTESO Compos deixa escapar a vitoria en Vilalba cun penalti no tempo...

O Compos deixa escapar a vitoria en Vilalba cun penalti no tempo engadido

O conxunto branquiazul empatou 2-2 ante o Villalbés tras recibir o gol do empate na última xogada, pero mantense líder e invicto con 22 puntos

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela non puido sumar unha nova vitoria no seu desprazamento a Vilalba, onde un penalti no tempo engadido fixo que o encontro rematase cun 2-2. O resultado permite ao equipo seguir líder da clasificación e manter a súa condición de invicto, aínda que deixou a sensación de ter perdido dous puntos no último intre.

O encontro comezou de cara para o cadro compostelán. Aos dez minutos, Maceira, máximo goleador do equipo, abriu o marcador cun disparo raso e axustado tras superar ao porteiro local nun man a man. O Villalbés respondeu antes da media hora cun tanto do excompostelanista Make, que puxo o empate co que se chegou ao descanso.

Na segunda metade, o Compos volveu poñerse por diante no minuto 63, cando un centro de Diego Rodríguez acabou en autogol de Jose Varela, que tentou evitar o remate dun dianteiro visitante. Os santiagueses dispuxeron de varias ocasións claras para sentenciar, incluído un remate de cabeza de Maceira, pero a falta de acerto mantivo con vida ao conxunto local.

Cando o partido xa tocaba ao seu fin, Borja Míguez caeu na área e o árbitro sinalou o punto de penalti. Pablo Trigo executou a pena máxima e bateu a Álex Cobo, establecendo o definitivo 2-2.

Con este empate, o Compostela suma 22 puntos e conserva o primeiro posto da táboa. A próxima cita será no Vero Boquete, onde os de Fabiano recibirán ao Noia.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

A SD Compostela celebra no Concello o seu ascenso á Segunda Federación

A SD Compostela foi recibida no Concello de Santiago tras conseguir o ascenso á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here