InicioMOV. SOCIAISA veciñanza de San Lourenzo denuncia que tras a apertura da Sala...

A veciñanza de San Lourenzo denuncia que tras a apertura da Sala Malatesta regresaron “os problemas de sempre”

A veciñanza de San Lourenzo acusa ao Concello de "inacción" e reclama que se prohiban actividades nocturnas nunha zona de uso residencial

Publicado o

Xornal de Compostela

A reapertura da Sala Malatesta, na rúa de San Lourenzo, volveu espertar o malestar veciñal no barrio compostelán. A Asociación de Veciños Río Sarela-San Lourenzo denunciou esta semana que, tras os primeiros días de actividade do local, regresaron “os problemas de sempre”: ruído, lixo e altercados nas rúas próximas ao establecemento. Nunha publicación nas súas redes, a entidade cualificou a situación de “intolerable” e acusou ao Concello de Santiago de “facernos a vida imposible”.

A Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago de Compostela emitiu un comunicado no que manifesta o seu apoio incondicional á veciñanza de San Lourenzo e lembra que a actividade da sala, “ao desenvolverse en horario nocturno”, foi cualificada “de xeito reiterado pola xurisprudencia como molesta e prexudicial para a saúde”. O colectivo considera que a reapertura “é incompatible co uso residencial da contorna” e insta ao goberno local a garantir “os dereitos constitucionais dos veciños á saúde e á inviolabilidade do domicilio”.

No mesmo sentido, as asociacións veciñais que integran a Coordinadora acordaran xa en setembro “apoiar sen fisuras” á Asociación Río Sarela ante a posibilidade de que o local volvese abrir. No documento, subliñaban que o ocio nocturno é unha actividade molesta e insalubre, e pedían ao Concello que esta incompatibilidade se recoñeza expresamente no PXOM e no Plan Especial PE-1, que protexe o uso residencial do barrio.

Pola súa parte, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, respondeu ás críticas lembrando que o Concello “seguirá examinando que se cumpran todos os requisitos para garantir que non haxa ruído exterior”. A rexedora explicou que a normativa actual só obriga a presentar unha comunicación previa para a reapertura, mais asegurou que o goberno local manterá a súa “sensibilidade coas reclamacións veciñais” e coa defensa do dereito ao descanso.

A Malatesta fora obrigada a pechar por orde municipal en dúas ocasións por incumprimentos relacionados coa contaminación acústica, aínda que a xerencia asegurou que se trataba dunha medida ilegal, como informou no seu momento Xornal de Compostela. A súa recente reapertura, con entrada libre durante a fin de semana, reavivou un conflito veciñal que leva máis dunha década aberto e que volve situar o equilibrio entre ocio e convivencia no centro do debate sobre o modelo de cidade.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here