InicioSANTIAGOO CEIP Quiroga Palacios estrea as melloras do seu pavillón logo dun...

O CEIP Quiroga Palacios estrea as melloras do seu pavillón logo dun investimento próximo aos 400.000 euros

As obras solucionaron problemas de filtracións, melloraron a accesibilidade e ampliarán o aforo do recinto deportivo ata 399 persoas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago completou a renovación integral do pavillón municipal do CEIP Quiroga Palacios, nunha intervención que supuxo un investimento total de 399.882,17 euros. As obras, iniciadas ao rematar o pasado curso escolar, aproveitaron os meses de verán para actuar tanto na mellora da cuberta como na ampliación e acondicionamento do recinto e do seu contorno.

A concelleira de Educación, Míriam Louzao, explicou que os traballos permitiron eliminar filtracións de auga e mellorar a estanquesidade e o illamento térmico do edificio, ademais de ampliar a accesibilidade con novas rampas que facilitan o acceso á cuberta, empregada tamén como espazo de xogo. “Estamos mellorando os espazos educativos para que todos os nenos e nenas poidan gozar deles, con maior habitabilidade e salubridade, e avanzando cara á accesibilidade universal”, afirmou Louzao, quen agradeceu a colaboración da dirección do centro, da ANPA e dos responsables da obra.

O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, precisou que a actuación incluíu a construción dun novo muro de formigón perimetral, substituíndo o antigo de ladrillo, así como a instalación dun cerramento metálico, a renovación do pavimento e da pista deportiva e o saneamento da fachada exterior. O proxecto incorporou tamén un sistema de illamento térmico e impermeabilización que mellora o comportamento enerxético do edificio.

En paralelo, continúa unha segunda fase que permitirá ampliar o aforo do pavillón de 100 a 399 persoas, mediante a adaptación dunha saída lateral como saída de evacuación ao exterior, conectada cunha rampla que salva o desnivel co viario.

Segundo destacou o Concello, estas actuacións cumpren un dobre obxectivo: mellorar a habitabilidade e salubridade do espazo deportivo municipal e facer do recinto escolar un lugar máis accesible, inclusivo e seguro.

Pola súa parte, o presidente da ANPA valorou positivamente a intervención, lembrando que levaban tempo solicitando melloras nas instalacións e asegurando que o Concello “cumpriu o compromiso que tiña”. Ademais, expresou a súa confianza en que a Administración autonómica avance agora na ampliación do centro educativo, tamén demandada pola comunidade escolar.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here