InicioSANTIAGOAlumni USC e o Consello Social convocan unha nova edición do Premio...

Alumni USC e o Consello Social convocan unha nova edición do Premio Humanitas para recoñecer traxectorias solidarias

O galardón, dotado con 2.000 euros, premiará accións humanitarias e de mellora da calidade de vida da sociedade; as candidaturas poderán presentarse ata o 28 de novembro de 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) e o Consello Social da USC veñen de abrir o prazo de presentación de candidaturas para unha nova edición do Premio Humanitas, co que se busca distinguir accións e traxectorias persoais ou colectivas destacadas polo seu compromiso solidario e humanitario.

O galardón ten como finalidade recoñecer iniciativas que contribúan á mellora da calidade de vida da comunidade, destacando valores como a empatía, a cooperación e a responsabilidade social. As propostas poderán formalizarse mediante escrito razoado, a través do rexistro electrónico da Universidade, e deberán ir dirixidas ao Consello Social antes do 28 de novembro de 2025, inclusive.

Segundo establecen as bases, poderán presentar candidaturas os membros do Consello Social, de Alumni USC e da propia comunidade universitaria, sempre que non formen parte do xurado encargado da selección.

O ditame final valorará especialmente aquelas traxectorias que mellor exemplifiquen o espírito do premio, centrado na solidariedade activa e no servizo á sociedade. O Premio Humanitas será único e indivisible, e a persoa ou entidade galardoada recibirá unha dotación económica de 2.000 euros.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here