InicioSANTIAGOA Cámara de Comercio acollerá en Santiago o encontro internacional 'Blue Horizons'...

A Cámara de Comercio acollerá en Santiago o encontro internacional ‘Blue Horizons’ sobre innovación xuvenil na Economía Azul

O evento reunirá o 4 e 5 de novembro a un cento de mozos emprendedores, expertos e institucións da área atlántica

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela será sede os días 4 e 5 de novembro do encontro internacional ‘Blue Horizons: Youth Entrepreneurship in Action’, unha cita que reunirá arredor de cen mozos emprendedores, especialistas e representantes institucionais de toda a rexión atlántica europea co obxectivo de impulsar a innovación e o emprendemento sostible no ámbito da Economía Azul.

O evento enmárcase no proxecto europeo Atlantic InnoBlue Communities (ATLIC), cofinanciado polo Programa Interreg Espazo Atlántico a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Con un orzamento global próximo aos 3,5 millóns de euros, o proxecto busca crear unha comunidade piloto de innovación azul mediante laboratorios abertos, redes de transferencia de coñecemento e formación en competencias emprendedoras.

A apertura oficial contará coa presenza de María Rozas, concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago; Fernando Pérez-Soba, representante da Cámara de Comercio; Sandra T. Silva, da autoridade de xestión do Programa Espazo Atlántico; Lara Meneses, da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, e Beira Araújo, socia líder do proxecto ATLIC.

Durante as dúas xornadas celebraranse mesas redondas, talleres e presentacións que analizarán o papel da mocidade na economía do mar e as oportunidades de creación de emprego no sector azul. Entre as persoas participantes destacan Lorraine Thompson (Donegal Youth Service, Irlanda), Pablo Mariño (CEO de Bluscus), Muireann Kavanagh (activista da pesca artesanal) e mozos emprendedores procedentes de Francia, Portugal, Irlanda e España, que compartirán experiencias e boas prácticas.

O programa incluirá a ATLIC Open Academy, unha International Round Table sobre emprendemento xuvenil no Atlántico e a entrega dos Atlantic Innoblue Communities Awards, que recoñecerán os proxectos máis innovadores impulsados no marco do programa.

As actividades do primeiro día desenvolveranse no CERSIA Empresa, grazas á colaboración do Concello de Santiago, mentres que a segunda xornada trasladarase ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e ao Porto de Vigo, onde se organizarán sesións prácticas e de networking.

Baixo o lema “Explora, aprende e descobre”, o encontro pretende motivar á mocidade atlántica a deseñar proxectos sostibles ligados ao mar, á innovación social e ao desenvolvemento das zonas costeiras e rurais, consolidando así a Santiago de Compostela como referente internacional no diálogo e na cooperación xuvenil atlántica.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here