InicioSANTIAGOO Concello acomete melloras en Boisaca e amplía horarios e transporte con...

O Concello acomete melloras en Boisaca e amplía horarios e transporte con motivo de Defuntos

O camposanto municipal abre ata as 20:00 o día 1 e reforza a liña 1 de bus urbano durante a festividade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela vén de realizar diversas melloras no cemiterio municipal de Boisaca ante o incremento de visitas previsto con motivo das festividades de Todos os Santos e Defuntos, os días 1 e 2 de novembro. As actuacións inclúen traballos de mantemento, limpeza e embelecemento das instalacións, así como un reforzo do transporte público e da atención ao público durante estas datas.

Entre as accións acometidas figura o pintado da capela, tanto no seu exterior coma no interior, e tamén dos aseos, xunto coa reparación do tellado. Ademais, efectuouse unha limpeza xeral das beirarrúas e do muro perimetral mediante máquina hidrolimpadora, eliminando herbas e acumulacións de sucidade. Os xardíns da rúa central foron renovados con novas plantas e flores ornamentais.

O Concello lembra que nos últimos meses tamén se realizaron traballos de mantemento ordinario, entre eles poda de árbores, achega de grava branca, e o reparado de pasos, muros e beirarrúas do recinto. Así mesmo, construíronse sete novas sepulturas para futuras concesións, e reforzouse o equipo de traballo municipal encargado do servizo.

Con motivo das festividades, o cemiterio de Boisaca permanecerá aberto desde o venres 31 de outubro ata o domingo 9 de novembro en horario de 09:00 a 19:00 horas, agás o sábado 1 de novembro, cando se ampliará ata as 20:00 horas.

O servizo de transporte urbano tamén se adaptará á afluencia de visitantes. A liña 1, que conecta o centro da cidade co cemiterio, reforzará a súa frecuencia de paso a 16 minutos entre as 09:00 e as 20:00 horas do 1 de novembro. O resto da xornada manterá a frecuencia habitual de domingos e festivos, con autobuses cada 30 minutos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here