InicioPOLÍTICAA Xunta apura ao Concello de Santiago para solucionar a situación do...

A Xunta apura ao Concello de Santiago para solucionar a situación do servizo de bombeiros “canto antes”

"O servizo de extinción de incendios corresponde aos concellos cando superan os 20.000 habitantes e menos de 20.000 ás deputacións", aseverou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, instou á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a “tentar solucionar canto antes” a situación no servizo de extinción de incendios, con denuncias de falta de persoal e decisión do persoal de non reforzalo a través de horas extra.

“O servizo de extinción de incendios corresponde aos concellos cando superan os 20.000 habitantes e menos de 20.000 ás deputacións”, aseverou a preguntas dos xornalistas nun acto no Banco de Alimentos da provincia da Coruña. “Outra cousa é que a Xunta non mire para outro lado e se implique”, sentenciou en alusións aos consorcios provinciais. No entanto, insistiu en que no caso de Santiago hai que “chegar canto antes” a un acordo.

“A situación é preocupante, levamos anos esperando pola comarcalización do parque de bombeiros de Santiago”, recalcou para asegurar que a Xunta e a Deputación comprometéronse coa dotación e o mantemento pero que non houbo avances durante a etapa de goberno local socialista. Agora, emprazou á nova rexedora a buscar unha solución “canto antes polo ben de todos”.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here