InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames critica o incremento do 75% na taxa do...

O BNG de Ames critica o incremento do 75% na taxa do lixo e reclama un modelo máis sustentable

A concelleira Rosalía Seijas cuestiona que a nova ordenanza non inclúa medidas de modernización nin de educación ambiental

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do BNG de Ames, Rosalía Seijas, manifestou a súa oposición á forma en que o goberno local pretende adaptar a ordenanza do lixo á normativa europea e estatal. Segundo explicou, “desde o BNG non dicimos que non hai que adaptar a ordenanza, pero non é de recibo impoñerlle á veciñanza un incremento do 75% na taxa cando seguen a atoparse cos mesmos colectores rotos, as mesmas frecuencias de recollida e as mesmas dificultades para reciclar”.

A edil lembrou que a directiva europea sobre residuos non só obriga a cumprir cos requisitos legais, senón que tamén promove a eficiencia na xestión, o aumento da recollida selectiva e o avance cara a unha economía circular. Seijas criticou que a proposta municipal “non incorpora medidas para modernizar o servizo, nin para implantar a recollida porta a porta, nin un plan serio de compostaxe, nin campañas de sensibilización e formación cidadá”. Ao seu xuízo, “esta non é unha ordenanza que mire ao futuro nin que aposte por un Ames máis sustentable e con mellores servizos”.

No mesmo sentido, a representante nacionalista destacou que o BNG sempre defendeu o modelo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Santiago, pioneira na reciclaxe en Galicia, mais insistiu na necesidade dunha auditoría económica e medioambiental da planta comarcal. “A nosa comarca chegou a estar entre os oito municipios que máis reciclan”, lembrou, engadindo que “nunca defenderemos un modelo cos ollos pechados e sen datos”.

Por último, Seijas atribuíu a situación actual da planta á falta de continuidade política: “Alternáronse as presidencias do PP e do PSOE e deixaron morrer o modelo”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here