InicioMOV. SOCIAISA ANPA do CEIP Monte dos Postes reclama máis profesorado e persoal...

A ANPA do CEIP Monte dos Postes reclama máis profesorado e persoal de apoio ante a Consellería de Educación

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) Camiño de Santiago do CEIP Monte dos Postes, en Santiago de Compostela, presentou unha reclamación formal ante a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pola falta de profesorado e de persoal de apoio no centro. Ademais, solicitou unha reunión coa Inspección Educativa para abordar a situación, que cualifican de “crítica”, especialmente no ámbito da atención á diversidade.

Segundo a reclamación, o colexio conta neste curso 2025–2026 con 1,5 docentes de Pedagoxía Terapéutica (PT) —que deben repartirse tamén co CEIP das Fontiñas— e un único especialista de Audición e Linguaxe (AL). Pola contra, o centro escolariza 21 alumnos e alumnas con discapacidade igual ou superior ao 33%, e un total duns 50 estudantes con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

A ANPA denuncia que esta escaseza de profesorado especializado reduce as horas de apoio nas aulas ordinarias, o que “repercute negativamente na inclusión e na aprendizaxe de todo o alumnado”. Tamén advirten dunha sobrecarga de traballo no profesorado, que dificulta ofrecer unha atención individualizada e de calidade.

En relación ao persoal de coidado, as familias indican que unha soa coidadora non pode atender correctamente a varios menores de diferentes idades e etapas educativas, polo que reclaman unha revisión dos criterios de dotación. “Coa dotación actual non se garante unha atención axeitada nin se respectan os dereitos do alumnado a unha educación inclusiva e equitativa”, sinalan, citando a Lei Orgánica 3/2020 (LOMLOE) e a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

A presidenta da ANPA, Marta Abal Rodríguez, subliña que non se trata dunha petición excepcional: “Non pedimos nada extraordinario, só os recursos mínimos necesarios para garantir unha educación pública, inclusiva e igualitaria”. A asociación pide un aumento urxente de profesorado de apoio (PT e AL) e de persoal de coidado, así como o reforzo de recursos materiais e humanos.

As familias agardan unha resposta inmediata por parte da Consellería e advirten de que, se non chegan medidas concretas, iniciarán mobilizacións no centro ata que se doten os recursos necesarios.

ÚLTIMAS

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Ávila acolle a celebración polo 40 aniversario da declaración de Santiago, Segovia e Ávila como Cidades Patrimonio Mundial

O Centro de Congresos e Exposicións Lienzo Norte, na cidade de Ávila, converteuse este...

A itinerancia do Gaiás supera os 55.000 visitantes e estende a súa pegada cultural por Galicia, España e o exterior

O programa de itinerancias expositivas promovido pola Cidade da Cultura continúa a medrar no...

Corredores da Ulloa chegan a Santiago para denunciar os proxectos de Altri e da Mina de Touro

Un grupo de 14 corredores federados, vinculados á asociación Ulloa Viva e á Plataforma...

Corredores da Ulloa chegan a Santiago para denunciar os proxectos de Altri e da Mina de Touro

Un grupo de 14 corredores federados, vinculados á asociación Ulloa Viva e á Plataforma...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

O PSdeG e a Fundación Luis Tilve homenaxean a Manuel Maroño no cemiterio de Boisaca

O muro dos fusilados do cemiterio de Boisaca acolleu esta mañá un acto de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here