InicioDEPORTES(FOTOS) Así foi a carreira SantYaGo10K que percorreu as rúas do casco...

(FOTOS) Así foi a carreira SantYaGo10K que percorreu as rúas do casco histórico

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Este pasado sábado tivo lugar a carreira SantYaGo10K, que dando inicio na rúa de San Francisco, percorreu o casco histórico da cidade de Santiago ata chegar, tras 10 kilómetros, á Praza do Obradoiro.

O gañador da categoría masculina deste ano foi Jorge Puig Malvar, que bateu o récord desta carreira cun tempo de 32 minutos exactos, seguido de Hugo García Souto, do club Portugalete, que rematou a carreira en 32 minutos e 1 segundo. O terceiro posto da competición recaeu en Yago Ignacio García Sainz, do Club Atletismo Santiago, cun tempo de 32:57.

Na categoría feminina, cun tempo de 38 minutos e 17 segundos, a gañadora foi Tina Fernández Barreiros, da SD Compostela Atletismo, seguida da ucraniana Karyna Yevtushenko, do clube Atletas de Acea de Ama, que rematou a carreira nun tempo de 40 minutos e 15 segundos. O terceito posto foi para Susanne Ewering, do Club Triatlón Tetúan de Madrid, cunha marca de 41 minutos e 3 segundos.

Pódense consultar todos os resultados na web de SantYaGo10k.

O CIRCUÍTO

O percorrido desta carreira, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, tivo a saída na rúa San Francisco, xunto á Facultade de Medicina. Os atletas percorreron a continuación a rúa de Xoán XXIII, o Burgo das Nacións, a rúa de Vista Alegre e a rúa de Galeras, subindo a continuación pola rúa do Pombal até a Alameda. Posteriormente baixaron pola Carreira do Conde e atravesaron o Ensanche pola rúa de Montero Ríos, ata chegar á Praza de Galicia para continuar por Virxe da Cerca e a rúa das Rodas e entrar ao casco histórico pola Algalia de Abaixo.

Casas Reais, a Praza de Abastos, Mazarelos, o Convento de San Paio de Antealtares, a rúa Nova e a rúa do Vilar foron os últimos metros da carreira, ata chegar ao Obradoiro.

VER TODAS AS IMAXES

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

A SD Compostela celebra no Concello o seu ascenso á Segunda Federación

A SD Compostela foi recibida no Concello de Santiago tras conseguir o ascenso á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here