InicioPOLÍTICAVerea reclama máis presenza policial e medidas urxentes ante o aumento da...

Verea reclama máis presenza policial e medidas urxentes ante o aumento da inseguridade e o senfogarismo en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, anunciou hoxe que o seu grupo “porá en marcha as medidas necesarias para que Santiago conte con máis presenza policial nas rúas e evitar o aumento da inseguridade”. O dirixente popular afirmou que levan “máis de dous anos advertindo do incremento de problemas que perturban a convivencia”, pero que “o goberno do BNG e Compostela Aberta sempre responde negando a súa existencia e acusándonos de alarmistas”.

Verea mostrouse sorprendido polas declaracións da alcaldesa Goretti Sanmartín, quen recentemente asegurara que “moita policía crea alarma entre a veciñanza”. Fronte a iso, o líder popular defendeu a necesidade de “reforzar a vixilancia, aumentar efectivos, instalar cámaras de vídeo vixilancia e mellorar a iluminación pública”, medidas que, segundo dixo, xa funcionan noutras cidades.

As súas declaracións producíronse tras unha reunión no Parlamento de Galicia na que participaron tamén representantes veciñais e colectivos cidadáns, como Roberto Almuiña, da Asociación Veciñal Fonseca; Patricia Quintás, de Raigame; e un representante de Fegacústica. Pola parte do Grupo Popular, acompañaron a Verea as deputadas Katherinie Varela e Felisa Rodríguez.

Durante o encontro, analizaron o aumento do ruído e dos conflitos nocturnos nas rúas compostelás e o incremento de episodios que, segundo o PP, “alteran a convivencia e xeran alarma social”. Entre eles, mencionou “acampadas en soportais, narcopisos e consumo de drogas na vía pública”.

O tamén deputado autonómico fixo especial referencia á situación na praza de Cervantes, que cualificou de “extrema e intolerable”. Asegurou que “o senfogarismo é unha realidade que en vez de ir a menos vai a máis”, e acusou ao goberno local de non ofrecer unha resposta adecuada: “os servizos e recursos municipais son claramente insuficientes”.

Verea advertiu de que esta situación “xera tensión social, malestar entre comerciantes e preocupación na veciñanza”, polo que pediu unha “intervención municipal urxente e inmediata”. Tamén lembrou que hai persoas sen fogar noutras zonas da cidade, como os soportais de Correos, Xoán XXIII, Galeras ou o Parque do Restollal, pero que o caso de Cervantes “conleva unha especial alarma social e mesmo risco sociosanitario”.

O líder popular concluíu cuestionando a actuación municipal: “Se dous rapaces en Cervantes están a beber e son multados, como pode unha persoa permanecer 24 horas ameazando aos comerciantes sen que se actúe? Cantas infraccións e delitos debe cometer alguén para que o Concello interveña?”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here