InicioSANTIAGOAMESXulgan en Santiago un home acusado de estafar 6.500 euros a unha...

Xulgan en Santiago un home acusado de estafar 6.500 euros a unha muller coñecida por Facebook

A Fiscalía solicita quince meses de prisión e o pagamento dunha indemnización pola estafa cometida en 2022 a unha veciña de Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, celebrará o vindeiro mércores, día 29, o xuízo contra un home acusado de estafar 6.500 euros a unha muller residente en Bertamiráns, á que coñeceu a través da rede social Facebook.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos remontan a 2022, cando o acusado mantivo coa vítima unha relación de afectividade por Internet. Aproveitando esa confianza, solicitoulle diversas cantidades de diñeiro co pretexto de facer fronte a gastos derivados dun xuízo penal por unha pelexa e pola reparación do seu vehículo.

A muller, “na confianza que dita relación persoal lle xeraba”, realizou tres transferencias bancarias: dúas de 2.500 euros os días 28 de marzo e 2 de maio de 2022, e outra de 1.500 euros o 1 de xuño do mesmo ano. Unha vez recibidas as cantidades, o acusado interrompeu todo contacto coa vítima.

A Fiscalía solicita para o procesado unha pena de quince meses de prisión e que indemnice á muller con 6.500 euros polos prexuízos causados. O tribunal compostelán será o encargado de determinar a súa responsabilidade penal na vista oral.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

O BNG reclama á Xunta un plan urxente para corrixir as deficiencias estruturais dos centros educativos de Ames

A deputada do BNG no Parlamento galego, Saleta Chao, reclamou á Consellería de Educación...