InicioPOLÍTICAO PP destaca o incremento do investimento da Xunta en dependencia, conciliación...

O PP destaca o incremento do investimento da Xunta en dependencia, conciliación e vivenda en Santiago

Nerea Barcia e Adrián Villa valoran que os orzamentos autonómicos reforzan o apoio ás familias e ás persoas maiores na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia e Adrián Villa, puxeron en valor este venres o aumento do investimento da Xunta de Galicia nos ámbitos de Política Social e Vivenda. Segundo explicou Barcia, os Bonos de dependencia incrementaranse nun 41%, ata acadar nove millóns de euros, unha partida que permitirá beneficiar a preto de 380 persoas en Santiago.

Pola súa parte, Adrián Villa destacou que en 2026 abrirase na cidade o primeiro centro público de coidados intermedios de Galicia, un proxecto pioneiro destinado a mellorar a atención ás persoas maiores. O edil sinalou tamén que o Bono Concilia Familia chegou xa a uns 400 fogares composteláns, e lembrou que se manterá por cuarto ano consecutivo a gratuidade nas escolas infantís, de maneira que 1.900 nenos e nenas de Santiago se beneficiarán dun programa que supón 3,3 millóns de euros de investimento.

En materia de vivenda, Barcia subliñou que Santiago disporá de preto de cinco millóns de euros para a construción de vivenda pública e aloxamentos compartidos para menores de 36 anos, entre eles os situados na rúa Xoán XXIII. Ademais, apuntou que grazas aos orzamentos autonómicos a cidade contará con solo para máis de 3.400 novas vivendas.

Os representantes populares concluíron que a Xunta “continuará investindo en servizos e infraestruturas sociais, unha oportunidade para seguir mellorando a vida das familias en Santiago”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here