InicioPOLÍTICAPatricia Iglesias acusa á Xunta de atrasar cinco meses a ampliación do...

Patricia Iglesias acusa á Xunta de atrasar cinco meses a ampliación do Polígono da Sionlla

A deputada socialista asegura que o Goberno galego culpou falsamente ao Ministerio de Transportes e esixe responsabilidades políticas pola “falta de veracidade” da Consellería de Industria

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, acusou este mércores á Consellería de Industria de atrasar durante cinco meses o envío da documentación necesaria para que o Ministerio de Transportes puidese autorizar a ampliación do Polígono da Sionlla, en Santiago de Compostela. A parlamentaria presentou no Pleno do Parlamento galego os informes que, segundo afirmou, demostran que “foi a Xunta quen demorou o proceso”, e non o Goberno central, como sostivera o executivo autonómico.

Iglesias lembrou que o 3 de outubro, a directora xeral de Solo Industrial culpara ao Ministerio de non emitir a tempo un informe sectorial de autoestradas, argumento que a socialista cualificou de “rotundamente falso”. Explicou que o Ministerio solicitara o 23 de maio documentación complementaria á Xunta para completar a avaliación ambiental estratéxica, e que esta non foi enviada ata o 2 de outubro, un día antes da comparecencia da directora xeral na Comisión de Industria.

“A realidade é que o Ministerio fixo o seu traballo, e foi a Xunta quen tardou máis de cinco meses en enviar a documentación requirida”, sinalou Iglesias, quen pediu á conselleira do ramo que “depure responsabilidades políticas” pola “falta de veracidade” mostrada en sede parlamentaria.

A deputada advertiu de que a demora supón “meses perdidos pola ineficacia e descoordinación de Xestur coa Consellería de Industria”, e criticou o que cualificou de “maquillaxe e medias verdades para non render contas”. Engadiu que a Xunta está a ofrecer “nula colaboración institucional para un proxecto nuclear para Santiago”, que considera “un exemplo de libro dun fracaso na política de solo industrial”.

Iglesias tamén aproveitou a súa intervención para denunciar que Galicia presenta unha das peores taxas de ocupación de solo industrial do Estado, e que Xestur, “o principal promotor público galego”, se converteu nun organismo “burocratizado, lento e ineficaz, con perdas acumuladas ano tras ano”.

Por último, reclamou unha política industrial seria, transparente e planificada, afirmando que Galicia “non pode seguir perdendo oportunidades por culpa dun goberno que vive da foto mentres os polígonos se estancan e os investimentos marchan a outras comunidades ou ao país veciño”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here