InicioMOV. SOCIAISVeciños e comerciantes do casco histórico impulsan unha recollida de sinaturas para...

Veciños e comerciantes do casco histórico impulsan unha recollida de sinaturas para o desaloxo dunha persoa sen fogar que vive espida na praza de Cervantes

A petición denuncia problemas de insalubridade e convivencia pola presenza dun home que permanece espido e fai as súas necesidades na praza

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de veciños da Praza de Cervantes, no casco histórico compostelán, iniciou unha recollida de sinaturas a través das redes sociais para solicitar ás administracións que actúen ante a presenza dun home sen fogar que vive de forma permanente na zona.

Segundo o texto difundido, o individuo permanece completamente espido, tapado unicamente cunha manta, realiza as súas necesidades na vía pública, nas portas dos locais da zona ou dentro da fonte da praza e xera problemas de insalubridade e tensión veciñal. A iniciativa suma xa máis de 120 apoios en liña.

Fontes municipais lembran que os servizos sociais xa interviñeron no caso, ofrecéndolle alternativas de acollida, pero o home rexeitou recibir asistencia. A concelleira de Servizos Sociais, María Rozas, indicara días atrás que se trataba dun caso complexo, no que se tenta actuar “dende a atención e o acompañamento, non desde o castigo”.

A ALCALDESA PIDE “RESPONSABILIDADE”

A alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, afirmou que o Concello xa interveu dende o primeiro momento e que a única opción agora é a vía xudicial, tras varios intentos de realoxo e atención sanitaria sen éxito.

Reclamou “respecto pola protección de datos” e pediu “responsabilidade mentres se agarda pola resolución xudicial” dun caso que, recoñeceu, “leva demasiado tempo prolongándose” e que comprende o malestar que está a xerar. “O Partido Popular puxo no foco con nomes e apelidos a unha persoa. Iso non pode facerse”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here