InicioOPINIÓNBasta de promesas baleiras

OPINIÓN

Basta de promesas baleiras

Publicado o

Por José Luis Calo
José Luis Calo
José Luis Calo
Coordinador de UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) en Galicia e candidato en 2023 á alcaldía do Concello de Ames

“Non se pode vivir do aire”, é unha expresión das máis repetidas polos autónomos, e reflicte perfectamente o sentimento de impotencia e cansazo que arrastran moitos. E teñen razón. Porque a xente que madruga, que levanta a persiana, que traballa e paga impostos está farta. Farta de promesas baleiras. Farta de políticos que falan moito e fan pouco.

Agora veñen e din que eliminarán o IVE aos autónomos que facturen menos de 85.000 euros ao ano. Que van reducir papeleo, que facilitarán a vida. Xa cho dixen: prometer é doado, pero cumprir… iso xa é fariña doutra moa.

Os autónomos galegos, que son máis de 200.000 segundo os últimos datos, están afeitos a tirar do carro mentres outros posan nas fotos. E mentres lles prometen rebaixas fiscais,
se te atrasas cun papel, podes levar unha multa de ata 7.500 euros. ¿Isto é aliviar? ¿Ou é seguir apretando sempre aos mesmos?

A Asociación de Autónomos advertiu que moitas das promesas feitas en campaña non se cumpren. E é verdade: acabamos sempre co mesmo conto. Moito titular e pouca solución. Aquí, quen máis traballa é quen máis paus leva. E xa está ben.

Falemos claro: Feijóo e o PP teñen moito discurso, pero cando gobernaron non fixeron o que agora din que farán. E o BNG, con discursos históricos e palabras fermosas, tampouco aproveitou as súas oportunidades cando tocou. ¿Ou xa esquecemos os brindes en Cuba mentres aquí non se daban solucións?

No fondo, todos repiten patróns. Piden confianza, pero logo gobernan de costas á xente. A clase media vai desaparecendo, os prezos soben sen control, os salarios non dan, os
mozos non poden independizarse, e os maiores acaban sostendo a toda a familia. “A
corda sempre rompe polo máis feble”, e aquí xa se está esgazando hai tempo.

No Parlamento galego xa se viu o que pasa cando a cidadanía se cansa: o PSOE acadou
o seu peor resultado histórico con só 9 escanos. Non é un accidente. É unha resposta
clara da xente. Porque cada vez máis galegos e galegas buscan alternativas que falen
menos e fagan máis.

O que queremos non é tanto: feitos, non palabras. Menos promesas e máis solucións.
Non se pode gobernar a base de titulares. Nin vir a Galicia só en campaña. Necesitamos
políticas útiles, medidas claras, calendarios reais e compromiso coa xente que sostén
este país.

Xa chega de vendernos fume. Xa chega de vivir do conto. Porque a xente que madruga
non pode seguir agardando mentres outros descansan nos privilexios. Galicia merece
outra política. Galicia merece respecto.

ÚLTIMAS

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

Sanmartín critica que a Xunta converta a reunión sobre o aparcadoiro do CHUS nun “acto público”

A Comisión de Seguimento para a construción do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario...

Un acusado dunha agresión en Santiago sostén que a pelexa comezou por un roubo de droga

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrou este venres o xuízo contra...

Que ten Rueda que sempre vota (actúa) en contra de axudar á Galiza?

"Cantas mortes máis serán necesarias para darse conta de que xa foron demasiadas?". Bob...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here