InicioDEPORTESDejan Kravic regresa ao Obradoiro para reforzar o xogo interior tras a...

Dejan Kravic regresa ao Obradoiro para reforzar o xogo interior tras a lesión de Huskic

O pívot serbio, que xa militou no equipo compostelán na tempada 2019/20, volve para achegar experiencia e forza baixo o aro logo da baixa de longa duración de Goran Huskic

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro confirmou o regreso do pívot serbio Dejan Kravic (2,13 metros) para reforzar o xogo interior do equipo tras a grave lesión sufrida por Goran Huskic na primeira xornada ligueira ante o Hestia Menorca. Kravic, que xa vestiu a camiseta obradoirista na tempada 2019/20, volverá así a Santiago de Compostela para apuntalar a pintura do conxunto galego.

O xogador incorporarse aos adestramentos a finais desta semana, co obxectivo de poñerse ás ordes de Diego Epifanio ‘Epi’ o antes posible e estar dispoñible nos próximos compromisos. Compartirá rotación con Felipe dos Anjos e Aitor Etxeguren, achegando experiencia, presenza física e coñecemento do xogo.

Na última campaña, Kravic militou no Movistar Estudiantes, equipo co que disputou 34 partidos de liga regular na Primeira FEB, asinando unha media de 11,9 puntos, 6,6 rebotes e 0,8 asistencias. A súa achega resultou clave para que o conxunto madrileño alcanzase a Final Four de ascenso á Liga Endesa.

O pívot conta cunha ampla traxectoria no baloncesto español, tras o seu paso por San Pablo Burgos, Unicaja Málaga e Casademont Zaragoza, ademais da súa anterior etapa en Santiago.

Para o adestrador do Obradoiro, Diego Epifanio, trátase dun xogador “con ampla experiencia internacional, que ademais coñece ben a categoría tras disputala a pasada tempada”. Segundo explicou, destaca pola súa “excelente lectura do xogo, a capacidade para xerar vantaxes nas continuacións de bloqueo e a eficacia no rebote en ambos aros”.

Epi engadiu que “nos axudará a equilibrar o xogo interior e a contar con máis recursos na rotación”, e valorou especialmente que “a súa adaptación poida ser rápida, xa que coñece a cidade, o club e a varias das persoas que continúan desde a súa anterior etapa”.

ÚLTIMAS

Verea propón abrir os patios e instalacións deportivas de tres colexios de Santiago as fins de semana

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, anunciou a súa proposta de...

Muíños reclama activar o Pacto Local de Seguridade ante as queixas veciñais e os problemas na Policía Local

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños reclamou ao Goberno de Santiago a posta en...

Santiago reúne preto de 150 persoas na segunda edición de ‘GALIA TECH’ para abordar as aplicacións da intelixencia artificial

Santiago de Compostela acolleu a segunda edición de 'GALIA TECH', unha xornada organizada por...

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no...

A Selección Española masculina de baloncesto xogará en Santiago ante Grecia un partido clasificatorio para o Mundial de 2027

Santiago de Compostela acollerá o próximo 29 de novembro o partido entre a Selección...

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here