InicioSANTIAGOAMESAs bibliotecas municipais de Ames programan contacontos e obradoiros de animación á...

As bibliotecas municipais de Ames programan contacontos e obradoiros de animación á lectura ata decembro

As actividades incluirán propostas infantís en Bertamiráns e no Milladoiro, con talleres especiais polo Día da Biblioteca e no marco do Ano Castelao

Publicado o

Xornal de Compostela

As bibliotecas municipais de Ames retoman a súa programación de outono con novas propostas de animación á lectura destinadas ao público infantil e familiar. Entre outubro e decembro celebraranse sesións de contacontos e obradoiros creativos nas bibliotecas de Bertamiráns e O Milladoiro, con inscricións diferenciadas en cada espazo.

A primeira actividade do trimestre será o contacontos ‘Quen se esconde nestes contos?’, que se desenvolverá os días 14, 15 e 16 de outubro en Bertamiráns e os 28, 29 e 30 no Milladoiro, sempre a partir das 17:30 horas e dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Co gallo do Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, as bibliotecas organizan tamén o obradoiro ‘Deseña a túa mochila’, pensado para crianzas de 3º a 6º de primaria. Terá lugar o venres 24 no Milladoiro e o sábado 25 en Bertamiráns, cun prazo de inscrición aberto do 13 ao 20 de outubro. Nesa mesma xornada entregarase o premio aos Superlectores 2025 e repartiránse marcapáxinas conmemorativos coas ilustracións gañadoras do concurso de debuxo infantil do pasado Día do Libro.

En novembro, a proposta será ‘Unha risa de contos’, prevista para os días 11, 12 e 13 en Bertamiráns e 25, 26 e 27 no Milladoiro. As inscricións poderán facerse do 3 ao 8 de novembro e do 17 ao 22, respectivamente. Ademais, celebrarase o obradoiro ‘Pequenos artistas. Descubrindo a Castelao’, no marco do Ano Castelao 2025, o venres 21 no Milladoiro e o sábado 22 en Bertamiráns, con inscrición do 10 ao 17 de novembro.

Xa en decembro, as bibliotecas pecharán o trimestre co contacontos ‘Un Nadal entre contos’ —os días 9, 10 e 11 en Bertamiráns e 16, 17 e 18 no Milladoiro— e co obradoiro de Nadal, o venres 12 no Milladoiro e o sábado 13 en Bertamiráns, cuxas inscricións estarán abertas do 1 ao 9 de decembro.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here