InicioECONOMÍAO PSdeG acusa á Xunta de atrasar a ampliación do polígono da...

O PSdeG acusa á Xunta de atrasar a ampliación do polígono da Sionlla por non remitir a tempo a documentación

A deputada Patricia Iglesias sinala que o Goberno galego tentou culpar ao Executivo central, pero que os informes oficiais atribúen o retraso á propia administración autonómica

Publicado o

Xornal de Compostela

A deputada socialista Patricia Iglesias acusou este luns á Xunta de Galicia de ser a responsable do retraso na ampliación do polígono industrial da Sionlla, en Santiago de Compostela, e de intentar “desviar a culpa” cara ao Goberno central. Segundo explicou, a documentación oficial desmente esa versión e amosa que a demora se debeu á propia administración autonómica.

Iglesias detallou que o Ministerio de Transportes, a través do departamento de Autoestradas, solicitou información complementaria á Xunta o 23 de maio de 2025, mais esta non foi remitida ata o 2 de outubro, coincidindo coa comparecencia da directora xeral de Solo Industrial no Parlamento. “Perdéronse cinco meses por culpa da incompetencia da Xunta”, afirmou a deputada, quen acusou o Executivo galego de “culpar a outros do atraso”.

A parlamentaria do PSdeG sostivo que o proxecto de ampliación “está parado porque Xestur e o Goberno galego non fixeron os deberes”, e advertiu de que “as empresas que queren instalarse en Compostela seguen esperando por solo industrial, porque xa non hai”.

Iglesias lamentou que a falta de planificación estea a frear o desenvolvemento económico de Santiago e reclamou maior axilidade na tramitación dos proxectos estratéxicos. “Menos propaganda e máis traballo, menos mentiras e máis transparencia. Galicia non pode avanzar con gobernos que manipulan e esconden a verdade”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here