InicioPOLÍTICAO PSdeG denuncia o "estado lamentable" do río Sar á altura da...

O PSdeG denuncia o “estado lamentable” do río Sar á altura da Ponte do Sar

Marta Abal reclama ao Goberno local que execute o plan anual de mantemento aprobado polo Pleno e actúe con urxencia na limpeza da zona

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira socialista Marta Abal denunciou este domingo o “estado lamentable” do tramo do río Sar ao seu paso pola Ponte do Sar, en Santiago de Compostela, debido á falta de mantemento e á abundante maleza que medra sen control. A edil advertiu que esta situación “amosa o abandono do Goberno local” e urxiu actuacións inmediatas para recuperar o coidado da contorna.

Segundo indicou Abal, o Grupo Municipal Socialista xa presentara hai meses unha proposta para crear un plan anual de mantemento de infraestruturas e espazos urbanos, coa finalidade de evitar escenas como a que se vive actualmente no Sar. “O deterioro da zona ofrece unha imaxe degradada do río e, mentres o Goberno local segue sen actuar, é a veciñanza quen sofre as consecuencias”, afirmou a concelleira.

A socialista instou ao executivo de Goretti Sanmartín a “deixar de poñer escusas” e a garantir a limpeza e o respecto polo entorno urbano: “Queremos limpeza, coidado e respecto polo noso entorno urbano”, subliñou.

Dende o grupo municipal lembran ademais que o plan anual de mantemento foi aprobado polo Pleno a proposta do PSdeG, e critican que o actual Goberno municipal non o estea a executar nin a dar resposta ás necesidades máis urxentes da cidade.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here