InicioSANTIAGOA FANPA Compostela aborda o uso do móbil na adolescencia cunha xornada...

A FANPA Compostela aborda o uso do móbil na adolescencia cunha xornada aberta na USC

A sesión ‘Móbiles con sentido’ celebrarase o sábado 25 de outubro e ofrecerá ferramentas ás familias para acompañar a etapa adolescente desde a educación e o diálogo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Federación de ANPAS de Santiago de Compostela (FANPA Compostela) celebrará o sábado 25 de outubro, entre as 10:00 e as 13:30, a xornada ‘Móbiles con sentido: acompañar e educar a adolescencia no seu uso’, un encontro dirixido a familias que buscan orientación ante un dos dilemas máis frecuentes da crianza actual: cando e como introducir o teléfono móbil na vida dos fillos e fillas. A actividade terá lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e contará coa colaboración de ANPAS Galegas.

O obxectivo principal é ofrecer ferramentas para comprender mellor o contexto dixital da adolescencia e favorecer un acompañamento baseado na confianza e no diálogo, afastado das posturas extremas que se limitan a prohibir ou permitir o uso do smartphone sen reflexión previa.

A xornada abrirase coa conferencia inaugural ‘Ser en Internet: adolescencias e vínculos na era dixital’, a cargo de Ricardo Fandiño Pascual, psicólogo clínico e coordinador xeral da Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia (ASEIA), ademais de profesor da USC.

A continuación celebrarase unha mesa redonda titulada ‘Móbiles e TICs nas familias, SOS! Unha ollada profesional’, moderada pola xornalista Laura Veiga. Intervirán Sonia González Rodríguez, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia; unha representante do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; e Concepción Estévez Villar, presidenta de ASEIA.

O encontro concluirá ás 13:30 coa intervención de Esther Martínez, presidenta da FANPA Compostela, quen presentará as conclusións e despedirá o acto.

A participación é libre e gratuíta, mais require inscrición previa a través do formulario dispoñible en https://forms.gle/gdCuswW6mBF3kyts5 ata o 22 de outubro. Para facilitar a asistencia, a organización ofrecerá tamén un servizo de ludoteca gratuíto para crianzas, que deberá solicitarse no momento da inscrición.

Con esta proposta, a FANPA Compostela reforza o seu compromiso coa defensa da escola pública e coa creación de espazos de diálogo sobre os retos educativos actuais, convidando as familias a reflexionar sobre o papel dos dispositivos móbiles e o acompañamento emocional na era dixital.TEl

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here