InicioSANTIAGOAMESAmes denuncia a paralización autonómica da reparación da presa da 'Ponte Maceira'

Ames denuncia a paralización autonómica da reparación da presa da ‘Ponte Maceira’

O goberno local reclama á Consellería de Medio Ambiente de Ángeles Vázquez a execución do proxecto comprometido por Augas de Galicia por 392.000 euros e cun prazo de cinco meses

Publicado o

Xornal de Compostela

A presa da Ponte Maceira, situada no río Tambre entre os concellos de Ames e Negreira e recoñecida como BIC (Ben de Interese Cultural), permanece deteriorada desde 2022 tras unha rotura que afectou á súa estrutura. O Concello de Ames denuncia agora a “inaceptable paralización” do proxecto de reparación por parte da ‘Consellería de Medio Ambiente, dirixida por Ángeles Vázquez, e reclama a posta en marcha inmediata das obras nun enclave que forma parte do Camiño de Santiago.

Segundo lembra o executivo amesán, a Xunta de Galicia comprometeu en 2022 a intervención a través de Augas de Galicia. En 2023 anunciouse un proxecto valorado en 392.000 euros, cun prazo de execución de cinco meses. A finais de agosto de 2023, a daquela conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, confirmou que o documento estaba en fase de supervisión e tramitación previa á licitación.

O consistorio asegura que, malia as comunicacións e peticións de reunión remitidas nestes dous anos, non obtivo resposta. A situación agravouse tras difundirse en medios que, para a área autonómica competente, a actuación “non é prioritaria nin urxente” e que “non hai data prevista de execución”. Para o Goberno local, estas afirmacións contradicen os anuncios realizados nos anos 2022 e 2023 e rompen o compromiso asumido con anterioridade.

No expediente municipal figuran varias xestións: o 31 de xullo de 2023 o alcalde Blas García interesouse polo estado do proxecto e recibiu contestación da entón conselleira Ethel Vázquez; o 14 de febreiro de 2024 enviouse un novo escrito reiterando a urxencia de iniciar as obras; o 17 de xuño de 2024 advertiuse do agravamento da situación e solicitouse reunión presencial; o 2 de setembro de 2024 presentouse por rexistro oficial outra solicitude de actualización dos prazos; e o 28 de maio de 2025 o Pleno de Ames aprobou por unanimidade unha declaración institucional para instar á execución do proxecto.

Desde o Concello de Ames rexeítase o que cualifica como cambio de postura tras o relevo no departamento, agora con Ángeles Vázquez á fronte, e fálase de “falta de respecto institucional” tras, din, “ignorar sistematicamente as comunicacións” remitidas polo municipio. O executivo local esixe explicacións á titular de Medio Ambiente e a activación inmediata da obra para preservar a integridade da presa, polas súas implicacións hidráulicas e polo seu valor patrimonial e paisaxístico no ámbito do Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

O BNG reclama á Xunta un plan urxente para corrixir as deficiencias estruturais dos centros educativos de Ames

A deputada do BNG no Parlamento galego, Saleta Chao, reclamou á Consellería de Educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here