InicioPOLÍTICAO PP acusa a Goretti Sanmartín de “deixación de funcións” pola situación...

O PP acusa a Goretti Sanmartín de “deixación de funcións” pola situación do Refuxio de Bando e o sacrificio de tres cans

Adrián Villa critica que o Padroado aprobase as execucións cos votos de BNG, Compostela Aberta e PSOE e reprocha á alcaldesa non asistir ás reunións do órgano

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, responsabilizou este sábado á alcaldesa Goretti Sanmartín da “caótica situación” do Refuxio de Bando e da decisión de sacrificar tres cans acordada recentemente polo Padroado da Fundación Refuxio de Bando, cos votos favorables de BNG, Compostela Aberta e PSOE.

Villa, que participou esta mañá na manifestación convocada en Santiago contra os sacrificios e para reclamar melloras nas instalacións, acusou á rexedora de “deixación de funcións” por “non asistir nunca ás reunións do Padroado” e por “non terse preocupado nos últimos dous anos da situación destas instalacións, nin dos traballadores nin dos animais que alí se atopan”.

O edil popular sostén que “houbo múltiples advertencias” sobre o risco de incidentes como o rexistrado recentemente, cando un can atacou a un traballador do centro. Segundo indicou, “isto demostra a total falta de sensibilidade polo benestar animal” e a ausencia de dirección política no refuxio.

Villa subliñou que o PP foi o único partido que non votou a favor do sacrificio dos tres cans, ao considerar que “no caso do animal que atacou ao traballador e previamente á súa familia, era evidente a necesidade de actuar conforme ao informe veterinario”, pero que “non había motivos para incluír os outros dous cans na mesma decisión, xa que non existían informes nin antecedentes que o xustificasen”.

O concelleiro lembrou que o Partido Popular leva dous anos e medio advertindo do colapso do Refuxio de Bando, “polo exceso de animais, o deterioro das instalacións e a falta de espazo”, sen que o Goberno local “tomase medidas para mellorar a situación nin para ampliar o número de canís de seguridade”. Estes espazos, explicou, “permitirían traballar con cans potencialmente perigosos e ofrecerlles unha segunda oportunidade”.

Por último, Villa lamentou que “tivese que producirse un episodio grave” para que se aprobase finalmente un protocolo de actuación con animais perigosos, medida que, segundo o edil, “chega demasiado tarde, despois de moitos avisos por parte do persoal do refuxio”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here