InicioECONOMÍAActívase unha nova convocatoria dos Bonos Corazón con 300.000 euros para impulsar...

Actívase unha nova convocatoria dos Bonos Corazón con 300.000 euros para impulsar o comercio local

A medida, presentada por María Rozas, permitirá descargar bonos de 50 euros a partir do xoves e suporá un investimento municipal total de 600.000 euros neste 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago vén de anunciar unha nova convocatoria dos Bonos Corazón, o programa municipal de estímulo ao consumo local, cun orzamento de 300.000 euros que se suman aos xa repartidos na primeira quenda de maio. En total, o Goberno local destina 600.000 euros a este plan ao longo de 2025, o que supón 150.000 euros máis ca no ano anterior.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que as bases da convocatoria xa foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia e detallou os prazos de adhesión e participación. Rozas lembrou que “foi o propio tecido comercial o que demandou realizar dúas convocatorias anuais”, co obxectivo de dinamizar as vendas en períodos menos favorables para o sector.

Na edición de maio, os Bonos Corazón permitiron mobilizar preto dun millón de euros nos establecementos locais, con 15.000 bonos descargados, o que, segundo Rozas, “demostra o éxito e a utilidade desta ferramenta de apoio ao comercio de proximidade”.

Os establecementos comerciais e hostaleiros interesados poderán adherirse á campaña a partir do próximo luns e durante un mes, mentres que as persoas usuarias poderán descargar os bonos desde o xoves, ás 09:30 horas, ata esgotar o crédito dispoñible. O prazo para utilizar os bonos será tamén dun mes, e os non trocados caducarán automaticamente ao rematar ese período.

Como nas edicións anteriores, os Bonos Corazón serán dixitais, cun código QR integrado na aplicación Wallet, e poderán empregarse nunha ou varias compras. Haberá unha única modalidade de bono de 50 euros, dos que o Concello achegará 20 euros e a persoa solicitante os 30 restantes. Cada usuario poderá descargar ata tres bonos.

As bases establecen tamén un límite de gasto por establecemento de 15.000 euros, correspondente ao 40% da achega municipal.

Con esta segunda convocatoria, o Concello busca reforzar o consumo no pequeno comercio e na hostalaría compostelá, mantendo o impulso dun programa que, segundo Rozas, “axuda tanto ás familias como ás empresas locais, xerando actividade económica e fortalecendo o tecido comercial da cidade”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here