InicioMOV. SOCIAISO Concello de Santiago expresa o seu apoio á 'Flotilla a Gaza'...

O Concello de Santiago expresa o seu apoio á ‘Flotilla a Gaza’ e reclama o fin do “xenocidio contra o pobo palestino”

A alcaldesa Goretti Sanmartín recibiu a Sandra Garrido e Manu López, activistas galegos recentemente liberados tras seren detidos por Israel, e destacou o compromiso de Compostela coa causa palestina

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago celebrou hoxe un acto de recepción oficial a Sandra Garrido e Manu López, activistas galegos que participaron na última misión da Flotilla a Gaza e que foron detidos polo exército israelí antes de seren liberados. O encontro, presidido pola alcaldesa Goretti Sanmartín, contou coa presenza de representantes de todos os grupos municipais, agás do PP, e converteuse nunha mostra pública de apoio á causa palestina.

Sanmartín abriu o acto lembrando a recente “manifestación histórica” celebrada na Praza do Obradoiro, que, segundo dixo, “encheu Compostela de dignidade e de voces que reclaman o fin do xenocidio”. A rexedora subliñou que “non pode haber equidistancia cando están asasinando un pobo enteiro” e chamou a “parar os pés ao Estado xenocida de Israel” e á connivencia internacional que, ao seu xuízo, permite que se vulneren “as leis internacionais en augas abertas sen consecuencias”.

A alcaldesa afirmou que Sandra Garrido e Manu López representan “a voz da dignidade e o berro de denuncia dun pobo que non quere seguir mirando cara outro lado mentres se asasinan crianzas e civís en Palestina”. Ademais, anunciou que o Concello continuará amosando o seu compromiso coa causa, lembrando que a bandeira palestina segue pendurada do balcón da Casa do Concello “como símbolo de solidariedade permanente”.

Durante a súa intervención, Sandra Garrido agradeceu o respaldo institucional e veciñal recibido en Compostela e advertiu que “Palestina soa non vai saír desta situación; é precisa a presión internacional e a mobilización social”. A activista denunciou que a compañeira Reyes Rigo segue presa en Israel, “acusada falsamente”, e reclamou ao Goberno español que actúe para defender ás persoas detidas con pasaporte español. “Hai máis de once mil palestinos encarcerados en condicións indescritibles; se non se para desde fóra, non se vai parar”, insistiu.

Pola súa banda, Manu López destacou o carácter colectivo da misión e asegurou que “foi unha honra representar o sentir dun pobo” que non permanece alleo ao sufrimento palestino. Lembrou o momento en que, desde o barco Meteque, viron achegarse as embarcacións militares israelís: “Alí dixemos que isto non era o final, senón o principio”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here