InicioSANTIAGOSetenta e dous investigadores da USC figuran entre os máis influentes do...

Setenta e dous investigadores da USC figuran entre os máis influentes do mundo segundo o Ránking de Stanford

A nova edición da base de datos internacional sitúa a dez científicos da Universidade de Santiago entre os primeiros postos polas súas traxectorias de investigación

Publicado o

Xornal de Compostela

Un total de 72 investigadores vinculados á Universidade de Santiago de Compostela aparecen na última actualización do Ránking de Stanford, a base de datos internacional que identifica ás traxectorias científicas máis influentes do mundo. O listado, elaborado a partir da información de Scopus, plataforma de referencias e citas científicas da empresa Elsevier, analiza máis de 200.000 carreiras investigadoras pertencentes a 22 campos científicos e 174 subcampos.

Nos dez primeiros postos composteláns destacan Juan José Nieto, Andrés Baselga, Juan C. Reboredo, María José Alonso, Arturo López Quintela, Néstor Armesto, Jesús F. Salgado, Jesús L. Romalde, Luis Botana e María Loureiro, representantes de áreas que van dende as ciencias experimentais ata a economía, a farmacoloxía ou a biomedicina.

O estudo, coordinado polo investigador John P. A. Ioannidis, chega á súa oitava edición e emprega un sistema de avaliación baseado en múltiples indicadores: número de citas acumuladas entre 1996 e 2024, índice h, índice hm axustado por coautoría, citas segundo a posición do autor nos traballos e un indicador composto (C-Score) que combina estes parámetros para ofrecer unha medida global da influencia científica.

A clasificación, publicada este mes de setembro de 2025, volve situar á USC como referente internacional na produción e impacto da investigación, recoñecendo o papel destacado do seu persoal científico no panorama mundial.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here