InicioPOLÍTICASumar Galicia promoverá unha Iniciativa Lexislativa Popular para garantir o acceso a...

Sumar Galicia promoverá unha Iniciativa Lexislativa Popular para garantir o acceso a unha vivenda digna

A formación anuncia en Santiago o impulso dunha proposta que incluirá limitacións ás vivendas turísticas, tope aos alugueiros e medidas para mobilizar inmobles baleiros

Publicado o

Xornal de Compostela

O Movemento Sumar Galicia anunciou este sábado en Santiago de Compostela o lanzamento dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) baixo o lema ‘Por unha vivenda digna no noso país’, coa intención de reformular o marco legal galego en materia de vivenda. A proposta, impulsada en colaboración con diversas organizacións sociais, pretende dar resposta ás actuais dificultades de acceso á vivenda, especialmente entre a mocidade.

O secretario xeral de Sumar Galicia, Paulo López, explicou que nas próximas semanas se presentarán o texto e a comisión promotora da ILP. O obxectivo, dixo, é superar a normativa vixente desde 2012 mediante un novo texto que aposte por “unha maior porcentaxe de vivenda de promoción pública, garantías reais para mobilizar inmobles baleiros cara ao alugueiro, un réxime sancionador efectivo para as vivendas turísticas e un tope aos prezos do alugueiro en liña coa lexislación estatal”.

López sostivo que é preciso “adaptar os aspectos positivos da Lei 12/2023 a unha realidade nova”, de modo que “a cidadanía galega, e en particular a xente nova, poida acceder a unha vivenda digna”.

Pola súa banda, a portavoz de Sumar no Congreso e presidenta de Sumar Galicia, Verónica Barbero, sinalou que a situación actual converteu a vivenda “nunha aspiradora de riqueza das clases traballadoras, unha extracción cara aos rentistas”. Criticou que tanto o PP como o PSOE manteñen unha concepción baseada “na falsa idea de que o mercado se autoregula”, o que, ao seu ver, perpetúa a especulación e o encarecemento.

Barbero defendeu a necesidade de abandonar as políticas que incentivan a compra especulativa e de avanzar cara a un modelo no que a vivenda sexa considerada “un dereito e non un ben de investimento”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here