InicioPOLÍTICACarmen Calvo inaugurará o curso do Ateneo de Santiago cunha conferencia sobre...

Carmen Calvo inaugurará o curso do Ateneo de Santiago cunha conferencia sobre democracia

A Presidenta do Consello de Estado analizará o luns os retos e fortalezas dos sistemas democráticos actuais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago abrirá o curso 2025-2026 o vindeiro luns, 6 de xuño, ás 19:30, cunha conferencia a cargo de Carmen Calvo, presidenta do Consello de Estado. A intervención, que leva por título Estruturas e Fortalezas da Democracia, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Ateneo.

A conferencia de Calvo será tamén o inicio dunha nova edición dos Luns do Ateneo, o ciclo máis lonxevo da institución compostelá. Durante a súa exposición, a relatora abordará os desafíos que afrontan hoxe as democracias, incidindo nos mecanismos que lles permiten manter solidez e estabilidade institucional. Ademais, analizará os pilares fundamentais da cidadanía, a igualdade e os dereitos humanos como elementos chave para garantir a convivencia.

Carmen Calvo, nacida en Cabra (Córdoba) en 1957, é doutora en Dereito Constitucional pola Universidade de Córdoba e licenciada en Dereito Público pola Universidade de Sevilla. Exerceu como vicepresidenta primeira do Goberno e foi ministra en diferentes áreas, ademais de presidir a Comisión de Igualdade do Congreso. En marzo de 2024 asumiu a presidencia do Consello de Estado. Xunto á súa carreira política e académica, destaca tamén como autora e activista feminista, con presenza habitual nos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here